Project Description

Nome do proxecto: Iberian Quantum Communication Infrastructure (IberianQCI).

Financiado por: Comisión Europea / Axencia Galega de Innovación

Descrición do proxecto:  IberianQCI é unha proposta para o despregamento de conexións transfronteirizas das redes nacionales de comunicacións cuánticas española e portuguesa, SpainQCI e PTQCI respectivamente. Interconectará ambas infraestruturas nacionais mediante un enlace troncal terrestre de fibra entre Vigo e Valença do Minho, e varios enlaces satelitais mediante as estacións terrestres ópticas (Optical Ground Station – OGS) ubicadas en Vigo, Lisboa, Madrid e Barcelona. Adicionalmente, conectaranse os respectivos segmentos terrestres nacionais ao segmento espacial europeo (de EuroQCI), permitindo comunicación segura mediante tecnoloxías cuánticas co resto dos países europeos.

Data inicio: 01/01/2026

Data finalización: 1/07/2029 (42 meses)