Project Description
Nome do proxecto: QATALYZE
Descrición do proxecto: Contribuír ao desenvolvemento e industrialización da computación cuántica aplicada á química computacional, mediante unha plataforma e algoritmos híbridos cuántico-clásicos para o descubrimento de novos catalizadores e materiais avanzados.
O obxectivo de QATALYZE é o de construír unha plataforma de Quantum Machine Learning as a Service (QMLaaS) así como os algoritmos que a alimentan. O traballo vira ao redor de tres casos de uso: catalizadores binarios con base en cobre, estruturas MOF para capturar CO₂ do aire (DAC) e cribado de compostos farmacolóxicos con metodoloxías QSAR. En todos eles combínanse redes xenerativas adversariales cuánticas (QGAN), algoritmos variacionales, tensor networks e IA clásica, e é o propio sistema quen decide que mestura de hardware cuántico e clásico convén a cada problema. A intención é aforrar simulacións custosas e ensaios de laboratorio nos sectores químico, enerxético e biotecnolóxico.
O CESGA participa neste traballo xunto con Gradiant e baixo a coordinación de QCentroid Labs. Os seus equipos interveñen no deseño dos algoritmos variacionales híbridos e de inspiración cuántica e a súa adaptación ao ecosistema de computación cuántica do CESGA. O centro integra ademais na plataforma as súas infraestruturas de supercomputación e computación cuántica, de modo que terceiros poidan executar os modelos de forma interoperable, escalable e segura.
Financiado por: MCIU – Agencia Estatal de Investigación y Comisión Europea.
Data inicio: 01/11/2025
Data finalización: 30/10/2028
