Project Description

Nome do proxecto: Slim Undeeping

Descrición do proxecto: Os SLiMs (short linear motifs), motivos proteicos lineais e curtos (≈3–10 aminoácidos), actúan como módulos de recoñecemento regulando procesos celulares clave. A súa identificación e mapeo en proteínas vexetais e a súa liberación controlada mediante hidrólisis enzimática, fermentación ou procesados suaves, abre a posibilidade de deseñar ingredientes funcionais con actividade molecular definida e potencial preventivo fronte a patoloxías crónicas de base inflamatoria, metabólica ou inmunitaria.

No presente proxecto, Slim Undeeping (Implementación de ferramentas de IA e supercomputación para a identificación de SLIMs en materias primas da industria cervexeira e os seus subproductos), proponse a aplicación de ferramientas de IA, computación e cuántica, con especial énfasis en modelos de deep learning, para abordar a identificación e caracterización de SLiMs desde unha perspectiva innovadora. Para isto, desenvolverase unha metodoloxía de traballo propia baseada en modelos de deep learning, orientada á identificación e caracterización destes motivos en secuencias proteicas. Esta aproximación permitirá integrar grandes volumes de datos biolóxicos, mellorar a precisión na predicción de SLiMs e xerar un marco sólido para o deseño de estratexias preventivas baseadas en proteínas funcionais e os seus  péptidos derivados, contribuíndo ao desenvolvemento de novos alimentos con impacto positivo na saúde.

Nesta aproximación, o CESGA está subcontratado por Estrella Galicia para colaborar en:

  • O desenvolvemento de algoritmos cuánticos adaptados a sistemas NISQ.
  • O emprego de ferramentas baseadas en IA, especialmente naquelas que empreguen computación cuántica, incluíndo modelos híbridos clásico-cuánticos.
  • Validación da predición con IA, especialmente nos modelos que conteñan técnicas de computación cuántica.

Financiado por: Hijos de Rivera S.A.U. como parte da financiación recibida da Sociedade Estatal de Promoción Industrial e Desenvolvemento Empresarial (SEPIDES), Unión Europea – Next Generation UE, dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Proposta ID: CVI-010100-2025-5

Data inicio: 25/11/2026

Data finalización: 25/11/2026