Augmented Reality for Science EducationO CESGA participou no Congreso “O Futuro da Educación”, organizado por IGACIENCIA o día 3 de xullo.

A actividade do congreso centrouse en facilitar a actualización do profesorado de Galicia, difundir as novos vieiros das tecnoloxías e das tecnoloxías da información e comunicación entre otros co fin de alcanzar e contribuir a:

  • desenvolvemento e implementación dunha educación científica innovadora.
  • mellorar a calidade da enseñanza e a aprendizaxe das ciencias.
  • fortalecer a motivación dos estudiantes cara a educación científica.

Persoas do dpto. de e-learning do CESGA, Diego Nieto, Abraham Felpeto, expuxeron o traballo feito no Proxecto “AR-Sci” que utiliza a tecnoloxía de  Realidade Aumentada (AR) como ferramenta innovadora para axudar aos estudantes de primeiro ciclo de secundaria a aprender ciencias. A AR ofrece o potencial de facilitar a aprendizaxe en situacións reais, onde un bo contido aumentado está ligado á realidade e visualízase por exemplo a través de dispositivos móbiles. https://ar-sci.cesga.es/