Referencia: SINFONIA-20-TSP1

Posto: Técnico/a superior proxecto

Trámite actual: Valoración provisional de méritos

Documentación do proceso

A Fundación CESGA comprométese, no establecemento e desenvolvemento de políticas que integren a igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes, sen discriminar directa ou indirectamente por razón de sexo, así como no impulso e fomento de medidas para conseguir a igualdade real no seo da nosa organización, establecendo a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes como un principio estratéxico da nosa Política Corporativa e de Recursos Humanos, de acordo coa definición do devandito principio que establece a Lei Orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva entre mulleres e homes.