O Taller está dirixido a investigadores no campo da computación cuántica que queiran facer uso no computador cuántico do CESGA (Qmio). Cubrirá aspectos como a descrición do sistema, a arquitectura da QPU, e a integración clásico-cuántico.

Data: xoves 16 de maio de 2024
Horario: de 10:00h. a 13:00h.
Prazas: 60
Modalidade: ONLINE, o mércores 15 de maio enviaranse os detalles necesarios para o acceso aos asistentes.

Formador: Álvaro Caride-Tabarés Sánchez, Fujitsu.

Para a conexión necesitará un navegador con soporte para html 5.0, recoméndase Chrome ou Firefox. Non se recomenda Microsoft Edge ou Internet Explorer, xa que pode xerar problemas.

Contido

  • – Descrición cluster híbrido
    • -Estrutura
  • – Uso dos recursos do sistema
    • – Slurm
      • – Emulador
      • – HPC
      • – QC
    • – Módulos
  • – Mecanismo de integración clásico-cuántico
    • – Descrición do detalle estrutural
    • – Descrición funcional
    • – Cómo se usa
  • – Módulo qmio
  • – QPU architecture
  • – Q&A

Formulario pechado