O mércores 26 de xaneiro o CESGA recibiu a visita do alumnado do Máster Universitario en Dirección TIC para a defensa da Universidade de Vigo que se imparte no Centro Universitario da Defensa en Marín

https://cud.uvigo.es/master-universitario-en-direccion-tic-para-la-defensa/

O máster DIRETIC desenvólvese para atender exclusivamente a unha demanda formativa do persoal funcionario vinculado ao Ministerio de Defensa e Interior.

O alumnado, que veu acompañado da coordinadora do máster, Milagros Fernández Gavilanes, está composto por oficiais dos tres exércitos e da garda civil, así como altos cargos da policía nacional.