Boats4SchoolsO 12 de abril celébrase no CESGA a segunda xuntanza do proxecto europeo “Boats4Schools, An Educational Challenge”, coordinado por CATIM e coa participación de 6 institucións de Portugal, Italia e España, entre as que se atopa o CESGA eo centro educativo CPI O Cruce.

O proxecto “Boats4Schools” é unha experiencia educativa dirixida a estudantes de primaria e secundaria a traballar en materias STEAM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría, Artes e Matemáticas), a través dunha metodoloxía divertida, grupal e motivadora na que grupos de alumnos de diferentes lugares proxectarán e competirán con prototipos en miniatura de buques, utilizando materiais e técnicas avanzadas de modelado en 3D, ferramentas de enxeñería en nube, CAD, etc.