Convocatoria para a cobertura do posto de Xerente da Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia (CESGA), cuxas funcións se atopan recollidas no artigo 27 dos estatutos da propia Fundación.
Perfil:Búscase un/unha profesional con titulación universitaria (Dereito, Economía ou similar), nivel CELGA 4 de galego e unha experiencia moi sólida: 15 anos no sector público, dos cales 10 deben ser en xestión dentro da Administración Autonómica.

Titulación: Nivel 3 (Grado + Máster) segundo o Marco Español de cualificacións para a Educación Superior recollido no Real Decreto 1027/2011 de 15 de xullo.
A titulación deberá estar adscrita nalgún dos seguintes ámbitos do coñecemento: Dereito, Economía, Administración e Dirección de Empresas ou Relacións Laborais, ou ben ser equivalentes nestas ramas de coñecemento.

Experiencia Profesional: Requírese unha experiencia mínima de quince (15) anos no sector público. Dentro desta traxectoria, é imprescindible acreditar polo menos dez (10) anos desempeñados en postos de xestión que implicasen responsabilidade técnica, xurídica ou de xestión económica, especificamente no ámbito da Administración Autonómica.

Competencia Lingüística: Coñecemento do idioma galego mediante o título do CELGA 4, curso de perfeccionamento ou equivalente homologado (o superación proba nivel).

Detalles do Posto

Dependencia: Presidencia da Fundación CESGA.

Localidade: Santiago de Compostela.

Forma de provisión: Persoal directivo (Art. 79 Lei 16/2010).

Categoría: Directivo do grupo III, nivel 2.

Tipo de persoal: Alta dirección.

Referencia Posto Prazas Data límite solicitudes
XERENTE-25 Gerente 1 12/01/2026