Hoxe celebrouse o Día das Rapazas nas TIC cunha multivideoconferencia na que participaron máis de 125 e xunto a catro mulleres galegas emprendedoras no ámbito da TIC -Amparo Alonso, María Fernández, Isabel Expósito e Patricia Mañana Borrazás- ademais de alumnado da Educación Secundaria Obrigatoria.Día das Rapazas nas TIC

No acto participou tamén o vicepresidente da Xunta quen destacou a importancia de fomentar a incorporación das nenas e mulleres aos estudos e profesións relacionadas coas tecnoloxías da información e da Comunicación (TIC) para pechar a fenda de xénero que aínda persiste nestes estudos relacionados cos sectores da ciencia, a tecnoloxía, a enxeñaría e as matemáticas.

Así o expuxo durante a súa participación, xunto coa secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e a directora da Axencia Galega de Innovación e presidenta do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), Patricia Argerey, no acto do Día Internacional das rapazas nas TIC que cada ano organiza o CESGA e que nesta edición se realizou de xeito virtual debido á situación de emerxencia sanitaria polo coronavirus.

Máis información sobre a iniciativa Rapazas nas TIC: https://e-learning.cesga.es/ictgogirls/#page-content

Máis información sobre o acto celebrado hoxe: https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/48525/xunta-destaca-importancia-fomentar-incorporacion-das-nenas-mulleres-ambito-das