Condicións xerais de utilización dos servizos do CESGA

Todos os usuarios de algún servizo prestado polo CESGA deben estar familiarizados e aceptar as seguintes condicións de uso:

Legalidade:

Os usuarios comprométense a non aceptar nin estimular prácticas que violen a lexislación española ou da Unión Europea.

Relativas á seguridade:

  • Non compartir datos de acceso con ningunha outra persoa en caso de ser asignados polo persoal técnico do CESGA
  • Debe utilizar sempre que proceda contrasinais seguros e descoñecidos para outras persoas
  • Comprométese a non saltarse as medidas de seguridade existentes, así como a non acceder aos recursos, sistemas ou información á que non teñan autorización para acceder.
  • Deberá informar os servizos de soporte do CESGA de calquera evento que implique un fallo na seguridade dos sistemas ou de calquera outro risco potencial.

Relativas á utilización:

  • Comprométense a utilizar os recursos de forma eficiente e unicamente para o propósito para o que foron autorizados.
  • Non utilizarán os recursos do CESGA de calquera modo que poida ofender a outros usuarios.
  • Denegarán a responsabilidade dos técnicos do CESGA, no caso de que poidan sufrir calquera perda como resultado da utilización dos recursos do CESGA.
  • Permitirán aos técnicos do CESGA o acceso á información xerada no CESGA e a monitorización das actividades que realicen co fin de manter o funcionamento dos recursos utilizados.
  • Acepto que os recursos do CESGA non estarán sempre dispoñibles para a miña utilización do modo esperado e de denegar calquera responsabilidade sobre os técnicos do CESGA en caso de atoparme afectado pola dispoñibilidade ou calquera outro aspecto dos recursos do CESGA

Responsabilidade e sancións

Cando se demostre un uso incorrecto ou non aceptable con respecto ao especificado neste documento, o CESGA procederá á interrupción do servizo prestado, dependendo da gravidade e reiteración do incidente, ou a suspensión temporal do servizo (ou a retirada indefinida do mesmo).

As responsabilidades que puidesen derivarse da incorrecta utilización dos recursos polo usuario serán asumidas polo propio usuario.

O CESGA disporá os medios necesarios para permitir a consulta destas normas de forma fácil.