CONFERENCIA FINAL PLAN COMPLEMENTARIO DE COMUNICACIÓNS CUÁNTICAS EN GALICIA

Esta Conferencia presentará os resultados científico-técnicos máis significativos logrados polo Plan Complementario de Comunicacións Cuánticas (PCCC) en Galicia.

O PCCC foi lanzado cun obxectivo claro: impulsar o desenvolvemento e implementación de tecnoloxías dixitais cuánticas e reforzar a ciberseguridade de España.

A relevancia deste campo é innegable: Países como Estados Unidos e China están a investir miles de millóns; a Comisión Europea ha situado a Comunicación Cuántica (CC) como unha prioridade con programas de gran calado, como a rede paneuropea EuroQCI.

O PCCC logrou aliñar a investigación e a industria españolas creando non só tecnoloxía, senón tamén un ecosistema de talento e empresas preparado para este reto. Nesta conferencia terá oportunidade non só de coñecer de primeira man os resultados obtidos en Galicia, senón tamén conversar directamente cos investigadores e técnicos involucrados e coñecer os próximos retos científico-tecnolóxicos no campo.

Data: Mércores 5 de novembro de 2025
Hora: 11:00h. – 17:00h.
Lugar do acto: Paraninfo da Universidade – Edificio Ernestina Otero, As Lagoas, Marcosende 36310 Vigo

AXENDA DO ACTO
11:00 – 11:45
Rexistro + Café de benvida + sesión de pósteres
11:45 – 12:05 Benvida institucional
Manuel Reigosa Roger (rector UVigo), Carmen Cotelo (directora GAIN), Jesús María Salvador Sánchez (asesor científico, Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades) e Marcos Curty (coordinador científico PCCC Galicia).
12:05 – 12:35 Charla convidado
Prof. Marco Lucamarini (Universidade de York)
12:35 – 12:55 Sesión técnica
CESGA
12:55 – 13:15 Sesión técnica
UDC + AtlanTTic
13:15 – 14:00
Almorzo networking + Segunda sesión de pósteres
14:00 – 14:20 Sesión técnica
USC
14:20 – 14:50 Sesión técnica
VQCC-UVigo
14:50 – 15:30 Mesa redonda
Bahía Software, Mestrelab, CTAG, Thales Alenia Space, Gradiant
15:30 – 16:00
Café de networking + tercera sesión de pósteres
16:00 – 16:20
Presentación do Quantum Hub e outras iniciativas
16:20 – 16:25 Peche
Intervencións da directora de GAIN e da vicerreitora de Investigación da Universidade de Vigo (TBC)