Título: Taller de Control con OpenPulse – Qmio.

Enmarcado dentro do proxecto Quorum, o Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) ofrecerá o próximo martes, 24 de febreiro, un taller de introdución ás bases do control por pulsos en qubits superconductores.

Contidos:

– En que consiste o control por pulsos.

– Mecanismos detrás da implementación das portas cuánticas nativas do Qmio.

– Experimentos para estudar o espectro de enerxías dos transmones.

Data: 24 de febreiro de 2026.

Horario: 11:30 a 14:30 (horario estimado)

Impartido por: Alfredo Chavert Sancho, técnico do proxecto QUORUM no CESGA, graduado en Física e Matemáticas e estudante do Máster Universitario en Ciencia y Tecnoloxías da Información Cuántica (MQIST).

Modalidade: presencial nas instalacións do Cesga (sala todavía por confirmar).

Requírese contar cun ordenador portátil con conexión a internet para poder acceder á infraestrutura do Qmio e executar os códigos expostos durante o curso. Facilitarase aos participantes unha conta temporal con acceso á QPU. Do mesmo xeito, proporcionaranse todos os contidos, notebooks e documentación adicional para que poidan reproducir e expandir o tratado.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN


QUORUM SPAIN é un proxecto subvencionado polo CDTI e financiado con fondos Next Generation da Unión Europea a través do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia.