Como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19 e das normativas polas que se declarou a situación de emerxencia, somos conscientes que as infraestruturas de cómputo, almacenamento e comunicacións que CESGA xestiona poden resultar críticas e máxime para aqueles centros que nalgún momento poidan realizar traballos de investigación directamente relacionados co COVID-19.
Nesta liña, o CESGA tomou unha serie de medidas orientadas, tanto a protexer a saúde dos seus traballadores, como para manter activos e enteiramente operacionales os seus servizos.
Todo o noso persoal técnico e de soporte continuará dispoñible e operativo en modalidade de teletraballo desde os seus domicilios, para satisfacer as necesidades da comunidade usuaria.
Durante esta etapa, poderán seguir contactando co persoal CESGA como o viñan facendo a través de dúas vías:
- Correo Electrónico.
- A través do teléfono.
Para contactar a través do Teléfono deberán marcar a extensión telefónica (unha vez que escoiten a mensaxe da operadora) e a chamada será transferida automaticamente.
Se non conseguisen contactar telefonicamente, é moi importante que deixen a súa mensaxe na caixa de correos de voz xa que este seralle enviado automaticamente por correo electrónico ao técnico asociado á extensión do teléfono á que está a chamar.
Se deixan unha mensaxe, non se esquezan dos seguintes datos:
- Nome e apelidos
- Teléfono no que podemos contactarlle
- Asunto da chamada
- Breve descrición da chamada
- Centro ao que pertencen (independentemente desde onde chamen)
- Centro desde onde chaman
- Número de teléfono de contacto
NOTA IMPORTANTE: Para ter a man todos os datos de contacto do CESGA recomendámoslles que descarguen o Directorio do CESGA desde a ligazón que figura máis abaixo
Confiamos en que esta situación non lle supoña molestia algunha e agradecemos a súa comprensión se percibe algún cambio no servizo (sobre todo nos primeiros días).
DIRECTORIO CESGA
1 file(s) 46.54 KB
Adicionalmente, CESGA priorizará as actividades relacionadas coa loita contra COVID-19