O CESGA acolle a reunión do proxecto europeo wrAIte sobre escritura creativa asistida por IA
Os días 23 e 24 de setembro de 2025, o CESGA será a sede da reunión transnacional do proxecto europeo wrAIte (https://wraite-project.eu/), unha iniciativa que busca explorar o potencial e os retos da escritura creativa asistida por intelixencia artificial en contextos de educación formal e non formal.
O obxectivo principal do proxecto é dotar ao persoal educador de persoas adultas de coñecementos e ferramentas que lles permitan integrar a IA nas súas metodoloxías docentes, asegurando que a tecnoloxía complemente e impulse a creatividade humana en lugar de substituíla.
Este encontro será clave para avanzar na construción dunha plataforma innovadora de aprendizaxe, no deseño de actividades formativas e no impulso da investigación participativa sobre o papel da IA na escritura creativa.