Project Description
Nome do proxecto: QUANTUM_IBER_IA
Resumo do proxecto: Este proxecto ten como obxectivo posicionar o espazo POCTEP como un referente na creación e aplicación de tecnoloxías avanzadas mediante a integración estratéxica de tecnoloxías cuánticas (computación, comunicacións e simulación) e intelixencia artificial (IA). O proxecto potenciará as capacidades de investigación e innovación, incentivando o uso compartido e coordinado de infraestruturas existentes como supercomputadores, redes cuánticas e plataformas de IA, cunha énfase particular no desenvolvemento de solucións en sectores crave como agroalimentación, saúde, ciberseguridade enerxía ou medio ambiente. Mediante demostracións tecnolóxicas específicas e probas de concepto (PoC), o proxecto promoverá a integración destas tecnoloxías en empresas e organismos públicos, asegurando unha rápida transferencia de coñecemento. Ademais, impulsarase o desenvolvemento dun ecosistema de innovación híbrido cuántico-IA que conecte centros de investigación, universidades, administracións públicas e empresas, favorecendo a cooperación transfronteiriza e garantindo a atracción e retención do talento especializado nos campos emerxentes, potencie a atracción e retención de talento e garanta a cohesión territorial. O proxecto promoverá a innovación, axudando a diminuír as disparidades tecnolóxicas, económicas e sociais, elevando a competitividade, creando emprego cualificado e asegurando a sustentabilidade do ecosistema científico e empresarial transfronteirizo.
Financiamento: Cofinanciado pola Unión Europea a través do Programa Interreg VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027
Data inicio:01/12/2025
Data fin: 31/12/2028
———
0590_QUANTUM_IBER_IA_6_E – QUANTUM IBER_IA: Impulso estratéxico das capacidades en tecnoloxías cuánticas e intelixencia artificial no espazo ibérico transfronteirizo. Cofinanciado pola Unión Europea a través do Programa Interreg VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027. As opinións son de exclusiva responsabilidade do autor que as emite.