Descrición do xogo

O xogo está deseñado para servir como unha ferramenta educativa para os profesores de secundaria, co obxectivo de introducir aos estudantes nos conceptos básicos da computación cuántica, como os qubits, a superposición, a entrelazaxe, o tempo de coherencia, etc., dunha maneira divertida.

De que vai? Cada persoa xestiona un laboratorio onde se levan a cabo experimentos de computación cuántica que, se teñen éxito, contribuirán á comunidade científica global. É un xogo fácil de entender, xa que todas as accións están codificadas por cores, pero tes que aprender a traballar co menor número de accións posible ou o experimento fracasará e terás que comezar de novo.

Se es profesor/a en Galicia queres explorar o uso do xogo co teu alumnado, podes solicitar un para o teu centro enchendo o seguinte formulario: https://www.cesga.es/cesga-lanza-o-xogo-didactico-qlab-3/

QLAB | Titorial (Brazolinda)

Brazolinda, editorial do xogo, elaborou este titorial que resume as mecánicas de QLAB. Activa os subtítulos e elixe entre inglés e galego.

QLAB | Game presentation 

 

Presentación do xogo QLAB – Vídeo 1

Este vídeo ofrece unha explicación detallada das regras, obxectivos e fases do xogo, así como unha descrición dos diferentes tipos de cartas e elementos empregados durante o xogo. Tamén inclúe vídeos ilustrativos de partidas e reflexións finais sobre a experiencia de xogo, destacando o seu valor como ferramenta didáctica para introducir os conceptos da computación cuántica aos mozos dunha maneira divertida e accesible.

QLAB | Compoñentes do xogo (video 2)

QLAB | Primera fase de xogo (video 3)

QLAB | Segunda fase de xogo (video 4)

QLAB | Terceira fase de xogo (video 5)