Para celebrar o Día Mundial da Computación Cuántica o 12 de abril, o CESGA, xunto co IGFAE-USC, organizará a primeira sesión piloto da Masterclass Internacional de Computación Cuántica: un evento de divulgación deseñado para sensibilizar aos novos estudantes sobre o poder transformador das tecnoloxías cuánticas no ámbito do procesamiento da información e a computación.

Os participantes terán a oportunidade de experimentar de primeira man o mundo da computación cuántica e utilizar un computador cuántico en tempo real, facilitado polo Centro Galego de Supercomputación e o Centro de Supercomputación de Barcelona, e compartir os seus resultados con outros centros (CSUC-BSC Barcelona, NASERTIC Navarra, COMPUTAEX-CENITS, UC Universidade de Cantabria, UAM).
Data: 14 Abril 2026
Lugar: CESGA, Galicia Avenida de Vigo Supercomputing Center, s/n 15705 – Santiago de Compostela A Coruña, Spain
Hora inicio: 9:00 AM
Hora fin: 20:00 PM
Páxina do evento:
https://indico.cern.ch/event/1664409/
Enlace de rexistro:
https://indico.cern.ch/event/1664409/registrations/127236/