rakhat bi abdyssaginDentro das actividades da Semana da Ciencia en Santiago de Compostela, dende o CESGA convidámoste a coñecer o traballo cientfício, musical e divulgativo de Rakhat-Bi Abdyssagin (Almatý, Kazajistán, 1999)compositor, pianista, concertista, teórico musical, investigador e doctor en Filosofía.

Unha estancia de tres días (26, 27 y 28 de noviembre) nos que a cidadanía de Santiago de Compostela terá a oportunidade de escoitar tanto a música como as explicacións e reflexións do prestixioso compositor e intérprete, cuxo talento lle valeu numerosos galardóns, entre os que destaca a Medalla de Prata 2024 da WCOM de Londres.

 

Programa de actividades de Abdyssagin en Santiago de Compostela

A programación de actividades e encontros con Rakhat-Bi Abdyssagin inclúe:

Mércores 26 de novembro: seminario especializado no CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia).

Xoves 27 de novembro: Faladoiro “Quantum Mechanics and Avant-Garde Music: Shadows of the Void”, onde presentará e explicará para o público xeral os fundamentos do seu libro homónimo, publicado en 2024 pola prestixiosa editora científica Springer. 19:00 h | Auditorio do CGAC| Entrada libre ata completar aforo

Venres 28 de novembro: recital de piano. 20:00 h | Auditorio do CGAC| Entrada libre ata completar aforo

Rakhat-Bi Abdyssagin interpretará as seguintes composicións:

◦ Frédéric François Chopin, Fantaisie-Impromptu en Do sostenido menor, Op. posth. 66, WN 46
◦ Johann Sebastian Bach, Preludio e Fuga en Do maior, BWV 846.
◦ Wolfgang Amadeus Mozart, Fantasía en Re menor, KV 397/385g.
◦ Ludwig van Beethoven, Für Elise Bagatelle No. 25 en La menor, WoO 59, Bia 515.
◦ Frédéric François Chopin, Balada No. 1 en Sol menor, Op. 23.
◦ Frédéric François Chopin, Nocturno en Do sostenido menor, Op. posth.
◦ Frédéric François Chopin, Waltz en Mi menor.
◦ Franz Liszt, Anos de peregrinaxe. Primeiro ano: Suiza. S.160, Orage.
◦ Alexander Scriabin, Estudo en Re sostenido menor, Op. 8, No. 12.
◦ Rakhat-Bi Abdyssagin, Rondine Piangente (2012).

Sobre Rakhat-Bi Abdyssagin

Rakhat-Bi Abdyssagin, coñecido como ‘o Mozart kazako’, compón música desde os 9 anos. É autor das óperas O camiño iluminado polo sol (2019), A dama misteriosa (2019) e The Bruce (2023), e de máis de 150 composicións musicais, desde pezas de cámara ata sinfónicas, entre as que se inclúen The Will to Live, God’s Dwelling, Beyond the Darkness, Time Run’, Tears of Silence, A drop of Eternity, The Sacred Universe of Particles, Phantom reflections, Shadows of the Void, Serenade of Invisible Stars, Ghosts of Immortality, Qubylys, Quantum reality, I raggi di Dante, Chaos and Order, etc. As súas partituras están publicadas por Verlag Neue Musik Berlin (Alemaña).

A música de Rakhat-Bi interprétase en prestixiosas salas de concertos como a Filarmónica de Berlín, a Konzerthaus de Berlín, a Konzerthaus de Viena, o Mozarteum de Salzburgo, o Carnegie Hall de Nova York, o Royal Festival Hall de Londres, etc. Aos 19 anos ofreceu un recital en solitario co histórico piano de Tchaikovsky na súa casa-museo de Klin (Rusia). En 2024 estreouse mundialmente a súa ópera catedralicia The Bruce nas catedrais de Glasgow, St. Giles de Edimburgo, St. Andrews e a abadía de Dunfermline.

Aos 13 anos, Rakhat-Bi converteuse en estudante universitario do Conservatorio Nacional Kazako Kurmangazy. Aos 18, realizou unhas prácticas no Conservatorio Estatal Tchaikovsky de Moscova e defendeu brillantemente a súa tese de mestrado na Universidade Nacional de Artes de Casaquistán. Aos 20 anos completou tres posgraduados (equivalentes a un doutoramento) no Conservatorio Verdi de Milán, o Conservatorio Pollini de Padua e a Accademia Nazionale dei Santa Cecilia de Roma. Entre 2022 e 2024 completou o seu doutoramento na Universidade de St Andrews e o Conservatorio Real de Escocia.

Actividade divulgativa e investigadora de Abdyssagin

Participou nas Academias Impuls de Graz e noutros festivais. Desde os 13 anos imparte conferencias a nivel internacional. É autor de artigos académicos e monografías. Aos 12 anos publicou unha recompilación das súas composicións musicais titulada «Facets of Harmony». Aos 14 anos publicou unha obra única titulada «Mathematics and Contemporary Music». Rakhat-Bi foi, ademais, profesor visitante nas universidades de Oxford, Cambridge e UCL.

Xa no 2024, Springer Nature, prestixiosa editorial científica coñecida por lanzar as revolucionarias obras de Einstein, Planck, Pauli ou Heisenberg, publicou o libro do compositor kazako «Quantum Mechanics and Avant-Garde Music: Shadows of the Void», obra que presentará en Santiago de Compostela como parte das actividades da súa visita á capital galega.

Sobre a conferencia «Quantum Mechanics and Avant-Garde Music: Shadows of the Void»

A presentación abarcará as diferentes conexións entre a física cuántica e a música contemporánea, desde interrelacións en perspectiva cronolóxica ata correlacións metafóricas entre fenómenos fundamentais da mecánica cuántica, como o principio de incerteza de Heisenberg, o principio de exclusión de Pauli ou o entrelazamiento cuántico; e o seu reflexo na estrutura de composicións musicais seleccionadas de Karlheinz Stockhausen, John Cage, Arnold Schönberg e outros, así como nas técnicas específicas de interpretación.

Rakhat-Bi Abdyssagin falará tamén do lugar que ocupaba a música clásica na vida e obra de grandes científicos como Albert Einstein, Max Planck, Max Born, Werner Heisenberg e outros. Por último, haberá espazo para a reflexión, abordando os aspectos máis filosóficos da teoría cuántica e a relatividade.