Webinar “Supercomputación para empresas: Tecnoloxías e oportunidades de negocio”
6 de outubro de 2020 ás 11.00h
A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia organiza o webinar “Supercomputación para empresas: Tecnoloxías e oportunidades de negocio” coa colaboración do Centro de Supercomputación de Galicia. Terá lugar o vindeiro martes 6 de outubro ás 11.00 horas.
A través deste webinar, os asistentes coñecerán as diferentes tecnoloxías, recursos e servizos no eido da computación de altas prestacións (HPC), Intelixencia Artificial e Big Data que o CESGA pon ao dispor das empresas para incrementar a súa competitividade. Tamén poderán coñecer diferentes iniciativas en marcha, incluíndo os proxectos EuroCC e FF4EuroHC, que ofrecerán nos próximos anos interesantes oportunidades de financiamento para empresas na súa aproximación a estas tecnoloxías.
PROGRAMA
10.55 h. Conexión telemática de asistentes
11.00 h. Presentación. Julio Sánchez Agrelo, Presidente AETG/Decano COETG
11.00 h. Presentación. Mauro Fernández Dabouza, Director Xerente CESGA
11:10 h. O CESGA, Centro de Competencias en Supercomputación: Proxecto EuroCC. Ignacio López Cabido, Subdirector Técnico
11:30 h. Oportunidades para Empresas: Proxecto FF4EuroHPC. Andrés Gómez Tato, Responsable de Aplicacións e Proxectos
11:50 h. Quenda de preguntas
12:00 h. Clausura
Inscrición gratuíta a través do formulario:
https://www.aetg.gal/formularios/inscricion-webinar-cesga
Esta actividade enmarcase en EuroCC e en FF4EuroHPC, dous proxectos financiados pola iniciativa conxunta europea, European High Performance Computing Joint Undertaking.