Que pode facer a supercomputación pola túa empresa? EuroCC Spain- RES dá por concluído o proxecto EuroCC 2 cun evento presencial en León.

EuroCC Spain – RES organiza o vindeiro 17 de marzo na sede de Scayle en León o evento Supercomputación: la tecnoloxía que puede transformar tu empresa, que servirá para poñer punto final ás actividades do proxecto europeo EuroCC 2 en España, que ten como obxectivo conectar o sector privado cos centros tecnolóxicos e de computación españois, creando un marco para o acceso e aproveitamento da infraestrutura que revirta nun mellor desempeño do noso tecido empresarial.

Será unha sesión informativa na que, ademais de presentar os resultados globais, exporánse casos de éxito reais de empresas que utilizaron as capacidades de supercomputación, almacenamento de datos e xestión que ofrecen as organizacións da Rede Española de Supercomputación (RES), entre as que está o Cesga.

 

Casos de Uso de EuroCC 2: unha xanela aberta ás aplicacións presentes e futuras da  infraestrutura de HPC e computación cuántica do Cesga

O Cesga leva décadas desenvolvendo infraestruturas de HPC pioneiras e en constante evolución, que se actualizan e adaptan continuamente ás necesidades da nosa comunidade de usuarios. O noso supercomputador, o FinisTerrae, xa está na súa terceira versión; a esta infraestrutura de computación de altas prestacións engadimos, no 2023, a computación cuántica. QMIO, o noso computador cuántico, abriu o seu uso á comunidade investigador no 2024, apenas un ano despois do seu despregamento.

FinisTerrae III

Os dominios do superordenador FinisTerrae III no Cesga

O ordenador cuántico QMIO e os seus dispositivos de control

A actualización tecnolóxica do nodo de computación e datos,  que está xa en marcha grazas aos fondos NextGeneration EU/MRR/PRTR (PERTE Chip), implicará unha ampliación e renovación do equipamento, os servizos asociados e as capacidades de procesamento, almacenamento e xestión de datos do noso centro. Por iso, os exemplos que poderemos coñecer de primera man nestas xornadas de EuroCC Spain serán especialmente relevantes para albiscar o potencial das novas máquinas do Cesga moito máis alá do mundo académico: nunha realidade competitiva onde a tecnoloxía se emprega a todos os niveis, as empresas que xa puxeron as bases para aproveitar a supercomputación na súa vantaxe están no bo camiño.

Programa da xornada Supercomputación: la tecnología que puede transformar tu empresa

O programa incluirá sesións dedicadas á presentación dos principais resultados do proxecto EuroCC 2, os servizos dispoñibles para empresas e entidades públicas, as formas de acceder a estes recursos e varios casos de éxito. Como remate, os participantes terán a oportunidade de ver de primeira man o supercomputador Caléndula nunha visita guiada.

Descarga o programa (en PDF)

Inscricións

Queres participar nesta xornada de EuroCC? As inscricións están xa abertas na páxina web do proxecto. Sigue este enlace:

https://jornadasupercomputacioneurocc2.com/formulario-eurocc/