INVESTIGADOR/A EXPERIMENTAL EN TECNOLOXÍAS DE COMPUTACIÓN CUÁNTICA
Referencias: PERTE47-25-TSP- TCC-EXP1 e PERTE47-25-TSP- TCC-EXP2
Resumo:
Buscamos un/a Investigador/a experimental en tecnoloxías de computación cuántica que, entre outras funcións (descritas nas bases), se encargue da realización de tarefas de investigación, experimentación e difusión científica no marco dun proxecto centrado na construción dunha rede neuronal óptica cuántica para a optimización combinatoria.
Terán como actividade principal a realización de procuras bibliográficas e análise de publicacións científicas e patentes, a execución de traballo experimental, a produción de resultados científicos e a súa difusión mediante publicacións, congresos internacionais, workshops e seminarios, así como a supervisión de estudantes de Máster.
As persoas contratadas traballarán nun equipo multidisciplinar e motivador, cunha gran experiencia na área das tecnoloxías da información, onde valoramos especialmente a iniciativa, capacidade de traballo en equipo e procura de solucións creativas.
Requisitos dos/as aspirantes/as:
- Titulación: Título universitario de Grao e Máster en Física
- Experiencia: Non se require
- Linguas: Dominio do inglés para a comunicación escrita e oral
Duración do contrato e xornada:
- Dende a sinatura ata a finalización do proxecto PERTE47 (establecida inicialmente para o 30 de xuño de 2026).
- Xornada laboral a tempo completo
Salario:
- 32.334,54€ euros brutos anuales en 14 pagas.
Documentación imprescindible a presentar:
- Modelo de solicitude (Anexo I)
- Currículum Vitae, que permita comprobar os requisitos e méritos indicados no cadro da convocatoria
Publicado o 11/07/2025:
Se tes calquera pregunta ou dúbida, por favor consúltanos en emprego@cesga.gal