Project Description
Nome do proxecto: DeepQuantum
Descrición do proxecto: Contribuír ao desenvolvemento da Computación Cuántica de Altas Prestacións (en inglés, High Performance Quantum Computing) proporcionando novo coñecemento, novos algoritmos e ferramentas.
O proxecto DeepQuantum ten como obxectivo global contribuír de forma significativa ao desenvolvemento da computación cuántica de altas prestacións (en inglés, High Performance Quantum Computing) proporcionando novo coñecemento, novos algoritmos e ferramentas. Para iso, abordase cinco obxectivos: mellorar os algoritmos variacionais de uso actualmente, deseñando novas técnicas que aproveiten as capacidades do HPQC; desenvolver unha versión mellorada e adaptada da suite TNBS, adaptándoa ás necesidades do HPQC; mellorar a integración dos computadores cuánticos e clásicos; deseñar e avaliar novos algoritmos de intelixencia artificial clásicos e cuánticos para series temporais multivariantes; e desenvolver novos algoritmos paralelos que poidan facer un uso efectivo da computación cuántica distribuída con comunicacións cuánticas. Para iso, ademais, mellorase o emulador de computación cuántica distribuída en desenvolvemento no CESGA, adaptándoo ás novas necesidades detectadas na investigación orientada a solucionar os retos expostos polos obxectivos anteriores. Como resultado do proxecto prevense polo menos 7 publicacións científicas de alto impacto, 24 presentacións en congresos e a creación de novas ferramentas e algoritmos que estarán dispoñibles de forma aberta para a comunidade.
Financiado por: MICIU/AEI/10.13039/501100011033/ FEDER, UE.
Data inicio: 01/09/2025
Data finalización: 31/08/2028
