INVESTIGADOR/A EN DINÁMICA MOLECULAR E IA

Referencia: EDD-DATALIFE-25-INV-IA1

Resumo:

Buscamos un Investigador Postdoutoral que entre outras funcións (recollidas nas bases), terá as tarefas de aplicar dinámica molecular (MD), simulacións de MD de gran groso, e algoritmos de IA para estudar varios sistemas biomoleculares, incluíndo péptidos antimicrobianos (AMP)

A persoa contratada traballará nun equipo multidisciplinar e motivador, cunha gran experiencia na área das tecnoloxías da información, onde valoramos especialmente a iniciativa, capacidade de traballo en equipo e procura de solucións creativas. Ofrécese un contrato de traballo temporal (disposición adicional décima da Lei 17/2022, do 5 de setembro ) , desde a firma ata a data de finalización do demostrador multisectorial DATALIFE. Aproximadamente 10 meses. Xornada a tempo completo.

Salario: 40.000 euros brutos anuais en 14 pagas. Centro de traballo en Santiago de Compostela.

O CESGA é unha fundación pública pioneira a nivel nacional na área de computación de altas prestacións. O centro ten unhas condicións laborais atractivas, comprometido coa promoción da igualdade entre xéneros, e conta cun réxime de teletraballo opcional de ata o 60% do tempo onde permite flexibilizar a xornada de acordo con as túas necesidades.

Requisitos mínimos dos candidatos:

  • Doutorado en Biofísica Computacional ou equivalente
  • Polo menos 2 artigos científicos en revistas Q1 como primeiro autor/a, no que polo menos 1 sexa sobre Bioloxía Computacional

Documentos imprescindibles a presentar:

– Modelo de solicitude (Anexo I)

– Currículum Vitae (Anexo IV), que permita comprobar os requisitos e méritos indicados no Anexo II

– Memoria, segundo as bases da convocatoria


Publicado o 11/07/2025:

Anuncio DOG 11-07-2025:
Bases da convocatoria

Instruccións para cubrir a solicitude

Anexo I –  Modelo de solicitude (.docx)
Anexo I – Modelo de solicitude (.odt)
Anexo IV – Modelo de Currículum Vitae (.docx)
Anexo IV – Modelo de Currículum Vitae (.odt)

Si tes calquera pregunta o dúbida, por favor consúltanos en emprego@cesga.gal


Estas contratacións serán financiadas exclusivamente dentro do Compoñente 12 (Política Industrial España 2030) Investimento 1 (Espazos de datos sectoriais) e Obxectivo CID 180 (Grandes espazos de datos sectoriais e interoperables de alto valor), do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado a través do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR)_ NextGenerationEU e o Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública, imputándose á partida orzamentaria 33-50-46LA-750.20 e co número de expediente TSI-100120-2024-12.
As contratacións suxeitaranse por tanto, á normativa do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia, en particular, ao Regulamento (UE) número 2021/241, do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de Recuperación e Resiliencia, á Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, á Orde HFP/1031/2021, do 29 de setembro e a Orde HFP/55/2023, do 24 de xaneiro, relativa á análise sistemática do risco de conflito de interese nos procedementos que executan o Plan de Recuperación Transformación e Resiliencia.