As prazas ofertadas están orientadas a traballar no marco dos proxectos QuantumLab – Quantum Analog Simulator with Paul Ion Traps y CosmicQuantum – Cosmic Ray Detection in the Quantum Computing Structure of CESGA.

O proxecto QuantumLab céntrase no desenvolvemento dunha plataforma experimental avanzada para tecnoloxías cuánticas baseada en trampas de Paul. O seu obxectivo é crear unha contorna versátil que permita a simulación cuántica con ións atrapados, abrindo novas posibilidades no procesamento de información cuántica e na exploración da física fundamental.

O proxecto CosmicQuantum aborda o estudo dos efectos da radiación cósmica nos sistemas de computación cuántica, unha cuestión crave para garantir a estabilidade e fiabilidade das tecnoloxías cuánticas emerxentes. A iniciativa inclúe o deseño e a operación dun detector para medir a radiación cósmica cargada que atravesa o computador cuántico Qmio do CESGA, permitindo rexistrar parámetros como a posición e o tempo de paso das partículas cósmicas.

Fai clic nas ligazóns de abaixo para ver a documentación e os detalles dos postos que imos cubrir nestes proxectos.


Este proxecto é financiado no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia- Financiado pola Unión Europea-NextGenerationUE.

Contribúe á execución parcial do investimento 2, «Fortalecemento das capacidades, infraestruturas e equipamentos dos axentes do SECTI», do compoñente 17 «Reforma institucional e fortalecemento das capacidades do sistema nacional de ciencia, tecnoloxía e innovación».

Así mesmo, a actuación tamén forma parte do Proxecto estratéxico para a recuperación e transformación económica de microelectrónica e semicondutores (PERTE Chip), integrándose na actuación 1 do Eixo I (Desenvolvemento de I+D+i sobre microprocesadores de vangarda e de arquitecturas alternativas).

A Fundación CESGA comprométese, no establecemento e desenvolvemento de políticas que integren a igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes, sen discriminar directa ou indirectamente por razón de sexo, así como no impulso e fomento de medidas para conseguir a igualdade real no seo da nosa organización, establecendo a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes como un principio estratéxico da nosa Política Corporativa e de Recursos Humanos, de acordo coa definición do devandito principio que establece o Decreto Lexislativo 2/2015, de 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade e o VIII Plan Estratéxico de Galicia para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes 2022-2027.