O proxecto QUORUM de Ecosistema de Innovación ten como obxectivos prioritarios:

  • Xeración de Coñecemento: Promover a investigación e o desenvolvemento para ampliar o coñecemento en diversas disciplinas. A xeración de novo coñecemento científico e tecnolóxico é esencial para impulsar a innovación.
  • Transferencia de Tecnoloxía: Facilitar a transferencia efectiva de tecnoloxías e coñecementos desde entornos académicos e de investigación cara ao sector empresarial.
  • Desenvolvemento de Talento: Fomentar a formación e o desenvolvemento de profesionais altamente cualificados en áreas clave da computación cuántica. A creación de programas educativos e oportunidades de aprendizaxe contribúe á dispoñibilidade de talento especializado.
  • Creación de Empresas Innovadoras: Apoiar a creación e o crecemento de startups e empresas innovadoras. Isto implica proporcionar recursos financeiros, asesoramento empresarial, infraestruturas adecuadas e conexións con investidores.
  • Identificación casos de uso: A identificación de casos de usos reais nos que aplicar a computación cuántica servirá de potenciador de todos os obxectivos anteriores.

Neste Ecosistema de Innovación, participan como socios do proxecto, ademáis da Fundación CESGA, as seguintes entidades:

  • AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN
  • ASOCIACIÓN PARA LA INVESTIGACIÓN Y DESARROLLO TECNOLÓGICO DE LA INDUSTRIA DE CASTILLA-LA MANCHA
  • FUJITSU TECHNOLOGY SOLUTIONS SA
  • FUNDACIÓN CENTRO TECNOLÓXICO DAS TELECOMUNIACIÓNS DE GALICIA (FUNDACIÓN CENTRO TECNOLÓXICO DE TELECOMUNICACIONES DE GALICIA)
  • FUNDACIÓN I+D DEL SOFTWARE LIBRE
  • QCENTROID LABS SL
Denominación do posto Prazas Data límite solicitudes
Técnico/a coordinador/a de proxecto 1 18/09/2025
Técnico/a de proxecto 2 18/09/2025
Técnico/a de proxecto CTS 1 18/09/2025
Técnico/a de comunicación 1 18/09/2025

Este proxecto é financiado no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia- Financiado pola Unión Europea-NextGenerationUE.

Contribúe á execución parcial do investimento 2, «Fortalecemento das capacidades, infraestruturas e equipamentos dos axentes do SECTI», do compoñente 17 «Reforma institucional e fortalecemento das capacidades do sistema nacional de ciencia, tecnoloxía e innovación».

Así mesmo, a actuación tamén forma parte do Proxecto estratéxico para a recuperación e transformación económica de microelectrónica e semicondutores (PERTE Chip), integrándose na actuación 1 do Eixo I (Desenvolvemento de I+D+i sobre microprocesadores de vangarda e de arquitecturas alternativas).

A Fundación CESGA comprométese, no establecemento e desenvolvemento de políticas que integren a igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes, sen discriminar directa ou indirectamente por razón de sexo, así como no impulso e fomento de medidas para conseguir a igualdade real no seo da nosa organización, establecendo a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes como un principio estratéxico da nosa Política Corporativa e de Recursos Humanos, de acordo coa definición do devandito principio que establece o Decreto Lexislativo 2/2015, de 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade e o VIII Plan Estratéxico de Galicia para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes 2022-2027.