A nova convocatoria de proxectos da Rede Española de Supercomputación prioriza a investigación científica sobre COVID-19.

CESGA forma parte da Infraestrutura Científico Técnica Singular ( ICTS) Red Española de Supercomputación (RES). A RES abre regularmente convocatorias de proxectos de supercomputación co obxecto de asignarlles horas de computación priorizadas. CESGA contribúe á RES co 20% dos seus recursos, polo que mediante este mecanismo pódese acceder de forma priorizada a Finisterrae II, se indica adecuadamente na solicitude. Se non se indica ningunha preferencia, a RES distribúe os proxectos cos recursos dispoñibles entre todos os nodos.

De acordo co RD8/2020 do Goberno de España con respecto ao establecemento de medidas extraordinarias e urxentes para afrontar o impacto socio-económico do COVID-19, establecéronse como obxectivo prioritario medidas especiais para o soporte da investigación científica sobre o COVID-19. Esta nova regulación promociona a investigación da enfermidade para o desenvolvemento de medicamentos e vacinas específicas que permitan conter o impacto de futuros brotes.

Por este motivo, o Consello da RES determinou incluír de forma temporal no protocolo de acceso, que aquelas solicitudes que cumpran os seguintes criterios:

  1. No caso de investigacións sobre o COVID-19, o investigador debe especificar na solicitude que as actividades están relacionadas co COVID-19 seleccionando esta opción no formulario web da solicitude. Este punto será posteriormente validado polo panel científico.
  2. Para a chamada que finaliza o 12 de Maio, e que proporciona acceso para o período de Xullo a Outubro 2020, ambos incluídos.
  3. Actividades lideradas ou con participación confirmada de investigadores localizados en España.
  4. Actividades que excedan unha puntuación mínima de calidade.

Terán priorización, ata o 50% da capacidade dos recursos da RES no período mencionado, por diante de calquera outro proxecto doutras áreas.