A delegación institucional e os centros, institutos e unidades do CSIC na comunidade autónoma han analizado co persoal do CESGA as oportunidades que a tecnoloxía ofrece ao traballo científico.

Santiago de Compostela, luns 16 de setembro de 2019. Persoal da Delegación Institucional do Consello Superior de Investigacións Científicas e dos seus centros, institutos e unidades en Galicia participaron este luns nunha xornada formativa co Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), entidade o CSIC e a Xunta de Galicia. A sesión tivo por obxecto profundar no uso das tecnoloxías dixitais na investigación, así como nas oportunidades que estas ofrecen ao labor científico, técnica, divulgativa e formativa.

A xornada, que se realizou na sede do Centro de Supercomputación en Santiago, contou coa presenza do delegado institucional do CSIC en Galicia, Antonio De Ron Pedreira, e do director-xerente do CESGA, Mauro Fernández Dabouza. Ambos quixeron resaltar a importancia de axuntar sinerxias para seguir avanzando no traballo de centros punteiros na investigación en Galicia.

A primeira parte da sesión centrouse na presentación de cada unha das áreas coas que conta na actualidade o Centro de Supercomputación, así como os proxectos máis relevantes en uso das tecnoloxías que se están levando a cabo en cada unha delas. As ferramentas colaborativas, a supercomputación, o e- learning, a transferencia tecnolóxica, as comunicacións e o almacenamento de datos foron algúns dos asuntos que se abordaron nas primeiras horas.

A segunda parte consistiu na exposición das necesidades dos centros do CSIC en Galicia e as oportunidades que ofrecen as tecnoloxías dixitais para os mesmos. Así, en networking analizáronse propostas encamiñadas a incrementar e fortalecer a capacidade competitiva.