O CESGA impartirá unha nova edición do curso «Introdución ao Paralelismo» en modo de teleformación, os días 11, 12, 13 e 14 de maio con horario de 15:30h. a 18:30 h.

O venres día 8 pola tarde, enviaranse as confirmacións de rexistro a aquelas persoas que fosen admitidas.

O curso diríxese a investigadores, profesionais e estudantes universitarios interesados en explotar os recursos que nos ofrecen os computadores actuais para mellorar o rendemento das súas aplicacións. O curso busca dar unha primeira introdución á programación paralela e ao paralelismo en xeral. O curso está limitado a 40 asistentes.

Contido

Día 1:

  • Introdución á arquitectura de  computadores.
  • Optimización de código.

Día 2:

  • Introdución ao paralelismo, conceptos básicos.
  • Vectorización.

Día 3:

  • Memoria compartida  vs. memoria distribuída.
  • Contornas de programación paralela ( OpenMP e  MPI)

Día 4:

  • Programación paralela híbrida

O curso inclúe a realización de exercicios prácticos que se realizarán polo alumno fose do horario de clases expositivas. Posteriormente, ao día seguinte, estes serán comentados e corrixidos.

Prerrequisitos: Ter uns mínimos coñecementos de programación para o adecuado aproveitamento do curso, pero non é necesaria ningunha experiencia previa de programación paralela.

Recomendámoslle: para a conexión necesitará un navegador con soporte para html 5.0 recoméndase  Chrome ou Firefox. Non se recomenda Microsoft  Edge ou Internet  Explorer, xa que pode xerar problemas.

Profesor: Dr. José Carlos Mouriño Gallego, técnico superior de aplicacións do  Cesga. Conta con máis de 20 anos de experiencia na  paralelización de aplicacións.

Rexistro pechado