Dispoñible a presentación de Anxo Moreira, Punto de Contacto Nacional Español para Aspectos Legais e Financeiros do H2020 (Spanish NCP For Legal and Financial Aspects H2020), que tivo lugar o pasado 26 de xaneiro no CESGA sobre as novidades administrativas e de xestión en proxectos financiados baixo o programa marco H2020 introducidas no acordo de subvención anotado publicado pola Comisión Europea o pasado 25 de novembro.