Santiago de Compostela acolle a décima conferencia hispano-lusa de IBERGRID sobre cooperación científica e tecnolóxica.
A edición deste ano se céntrase en fomentar a interpretación e adopción de servizios para apoiar proxectos de investigación de vangarda.
O evento alberga o lanzamento do proxecto EOSC-Synergy e a reunión anual do Research Data Alliance.
O Centro de Supercomputación de Galicia CESGA organiza as xornadas nas que tamén participan o CSIC e diversas institucións de España e Portugal.
As xornadas foron inauguradas pola responsable da European Sciencie Open Cloud do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, María Custa, o vicepresidente de Investigación Científica do CSIC, Jesús Marco de Lucas e o director-xerente do CESGA, Mauro Fernández Dabouza. Precisamente, é o Centro de Supercomputación de Galicia o anfitrión das xornadas, cuxas actividades se realizarán tamén en instalacións do CSIC en Galicia como o Instituto de Ciencias do Patrimonio e o Instituto de Investigacións Agrobiológicas de Galicia.
A rede IBERGRID créase en 2003 en virtude dun acordo de cooperación científica e tecnolóxica asinado entre España e Portugal e os pactos de colaboración rubricados en 2005 en termos de tecnoloxías e redes de comunicación. O chamado Plan Ibérico Común aborda a implementación dun proxecto para a conexión das redes de investigación e de coordinación das aplicacións científicas, infraestruturas de computación distribuída, infraestruturas de supercomputación e repositorios de datos.