O próximo curso 2020/2021, a Universidade da Coruña (UDC) e a  Universidade de Santiago (USC), en colaboración co Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) continuarán ofertando o Máster en Computación de Altas Prestacións (Máster  HPC).

O Máster consta de 60 créditos, así que a súa duración é dun só curso académico. O Máster pode ser cursado tanto de forma presencial como a distancia e ten un custo aproximado duns 900 euros.

Este curso, será o terceiro ano ofertando a modalidade a distancia, o cal permite acreditar unha gran experiencia impartindo este tipo de docencia e achegando solucións flexibles a cuestións como a realización das prácticas en empresas e a realización e defensa do traballo fin de máster.

En http://www.masterhpc.es/how- to/ pódese atopar información práctica sobre o proceso de admisión e matrícula.

Na Universidade da Coruña, o primeiro prazo de preinscrición termina o 10 de xullo, aínda que haberá outros prazos de preinscrición máis adiante en agosto e Setembro. Na  Universidade de Santiago de Compostela existe un único prazo de preinscrición que empeza o 6 de xullo e termina o 20 de agosto.

En www.masterhpc.es pódese atopar máis información sobre o Máster, e os seus contidos.

A través de info@masterhpc.es podedes consultar as vosas dúbidas de forma máis personalizada.