Escolas na nubeO proxecto Rede de Escolas na Nube amplíase a todas as Escolas Rurais Agrupadas de Galicia
Onte presentouse oficialmente, por parte da Consellería de Educación e do AMTEGA, o proxecto “Rede de Escolas na Nube” as equipas directivas de todolos Centros Rurais Agrupados (CRAs) de Galicia, ofreciéndolles a posibilidade de incorporarse ao mesmo. Na actualidade, 4 deles, o CRA Boqueixón-Vedra Neira Vilas, o CRA de Vilaboa Consuelo González Martínez, o CRA Amencer de Ribadavia,e o CRA Nosa Señora do Faro de Ponteceso, estaban xa participando dende 2012 como centros piloto no proxecto. A información detallada do proxecto está na sua web
O proxecto de innovación educativa Rede de Escolas na Nube xurdíu como colaboración entre o CESGA, quen coordinou a iniciativa, a empresa galega Balidea Consulting & Programming, a Consellería de Educación e a Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia da Xunta de Galicia.

Rede de Escolas na Nube supón un modelo de infraestructura, servizos e metodoloxía de traballo baseado na computación cloud e software abierto ao servizo do ensino e colaboración entre as escolas rurais distribuidas, creando unha rede na que se poidan compartir de forma segura experiencias educativas, materiais, aprendizaxe, adaptado ás necesidades deste modelo de escola rural distribuida e multinivel.

Transferencia de innovación á sociedade

 Rede de Escolas na Nube é un claro exemplo de colaboración exitosa entre institucións públicas e privadas galegas que repercute  nun beneficio directo para a sociedade, así como nunha aposta de futuro para a creación de productos innovadores “made in Galicia”. Unha vez finalizada a fase de desenvolvemento do proxecto en 2014, os resultados e software do mesmo foron transferidos á Consellería de Educación e ao AMTEGA, responsables de ofrecer servizos formativos e informáticos aos centros escolares galegos. Para o CESGA é unha honra ter participado en dita iniciativa, así como ver realizada a ampliación da proposta piloto ao resto dos CRAs de Galicia.

O CESGA, dende o ano 2010, é pioneiro na exploración deste ámbito de aplicación da computación na nube a nivel escolar. Este proxecto enmárcase nunha liña de traballo que continúa a nivel europeo no proxecto RuralSchoolCloud, no que baixo coordinación do CESGA, participaron 7 institucións de 6 países europeos, centrado na experimentación de solucións baseadas en computación na nube e código aberto para mellorar a colaboración e a aprendizaxe nos centros escolares de entornos rurais / illados europeos. Para máis información do proxecto, visite a sua web. O proxecto precedente, “Rural School Communities for Education in the Cloud” foi seleccionado e financiado por HP Labs en 2010 como un dos 3 máis relevantes no ámbito da computación cloud e a educación a nivel mundial.

Os resultados destas diversas iniciativas foron valorados moi positivamente pola administración educativa, comunidade escolar e premiados a nivel nacional e internacional en diversas ocasións, entre outras polo Premio Internacional Educared 2011, polo Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia 2013, World Summit Awards 2013, e Premio ComputerWorld & CIO 2012.