Postos: 6 Técnico/a de proxecto Quantum Spain
Referencia: QUANTUMSPAIN-25-TP1_ TP6
Resumo:
O proxecto QUANTUM ENIA (Quantum Spain) está financiado pola Secretaria de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial no marco da Axenda España Dixital 2025 e do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia por mor do Real Decreto 936/2021, de 26 outubro, polo que se regula a concesión directa dunha subvención a varios centros da REDE ESPAÑOLA DE SUPERCOMPUTACIÓN (RES).
O traballo estará enfocado en reforzar as capacidades de desenvolvemento, integración e experimentación en contornos de computación cuántica distribuída e emulación avanzada, centrando os esforzos ao redor das plataformas CUNQA e o ordenador cuántico do proxecto, coordinadas desde o CESGA.
Traballarás integrado/a en un equipo multidisciplinar e motivador, cunha gran experiencia na área das tecnoloxías da información, onde valoramos especialmente a iniciativa, capacidade de traballo en equipo e procura de solucións creativas.
Requisitos mínimos das/os candidatas/os:
1.- Titulación Nivel 2 (Grao) segundo o Marco Español de cualificacións para a Educación Superior recollido no Real Decreto 1027/2011 do 15 de xullo.
• Física e astronomía.
• Enxeñería eléctrica, enxeñería electrónica e enxeñería da telecomunicación.
• Enxeñería industrial, enxeñería mecánica, enxeñería automática, enxeñería da organización industrial e enxeñería da navegación.
• Enxeñería informática e de sistemas.
• Matemáticas e estatística.
• Química
Transitoriamente, para equivalentes a Nivel 2 ARROLAS e de titulacións non adaptadas ao novo marco, serán válidas aquelas adscritas a algunha das seguintes ramas do coñecemento, segundo o Real Decreto 1393/2007:
• Ciencias.
• Enxeñería e Arquitectura.
2.- Certificación de nivel de inglés B1, se non presenta certificación, deberá realizar unha proba.
3.- Certificación de galego CELGA4, se non presenta certificación, deberá realizar unha proba.
Salario bruto anual: 26.024,88€
Documentos imprescindibles a presentar:
– ANEXO 01 (Modelo de Solicitude), cumprimentado e coa túa firma dixital.
– DNI o NIE.
– Currículum Vitae, que permita comprobar os requisitos e méritos indicados no Anexo 02.
Documentación do proceso
16-07-2025: Resolución provisional persoas admitidas e excluidas
Publicado: 30/06/2025
Anuncio DOG, 30 de xuño 2025
Bases da convocatoria
Anexo 01: Modelo de solicitude (docx)
Anexo 01: Modelo de solicitude (odt)
Anexo 02: Ficha da convocatoria
Modelo de alegación ou recurso (docx)
Modelo de alegación ou recurso (odt)
Se ten calquera pregunta ou dúbida, por favor consúltanos en emprego@cesga.gal
A Fundación CESGA comprométese, no establecemento e desenvolvemento de políticas que integren a igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes, sen discriminar directa ou indirectamente por razón de sexo, así como no impulso e fomento de medidas para conseguir a igualdade real no seo da nosa organización, establecendo a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes como un principio estratéxico da nosa Política Corporativa e de Recursos Humanos, de acordo coa definición do devandito principio que establece o Decreto Lexislativo 2/2015, de 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade e o VIII Plan Estratéxico de Galicia para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes 2022-2027.
