Referencia: CCMM-23-TP1

Resumo:

Buscamos a unha persoa motivada e proactiva para colaborar no desenvolvemento das actividades do Programa de Ciencias Mariñas de Galicia no que participa o CESGA. O principal obxectivo será a implantación dunha plataforma Data-Lake de datos mariños. Desde o CESGA levamos participando en proxectos relacionados co almacenamento e procesamento de datos mariños desde o ano 2001 e estamos recoñecidos a nivel internacional polas nosas contribucións nesta área.

Traballarás integrado/a en un equipo multidisciplinar e motivador, cunha gran experiencia na área de servizos cloud e bigdata, onde valoramos especialmente a iniciativa, a capacidade de traballo en equipo e a procura de solucións creativas. Poderás aprender e contribuír ao desenvolvemento de servizos cloud e bigdata e sobre tecnoloxías avanzadas de administración de sistemas e programación.

Ofrécese un contrato temporal de aproximadamente 18 meses. Este contrato permitirache involucrarche nesta liña de actividade, na que o CESGA vén desenvolvendo proxectos complementarios e con gran proxeción futura.

O CESGA é unha fundación pública pioneira a nivel nacional na área de computación de altas prestacións. O centro ten unhas condicións laborais atractivas, comprometido coa promoción da igualdade entre xéneros, conta cun réxime de teletraballo opcional de ata o 50% do tempo e permite flexibilizar a xornada de acordo con as túas necesidades.

Requisitos mínimos do/a candidato/a:

Titulación en ciclo superior de Formación Profesional en administración de sistemas informáticos en rede ou titulacións equivalentes de plans anteriores
Titulación de galego CELGA 4. Se non o tes deberás superar unha proba.
Tamén se valorarán (pero non é obrigatorio) outros requisitos adicionais, descritos no Anexo B do documento BASES.

Documentación necesaria:

Copia da titulación requirida.
Copia do expediente académico.
Currículo.
Titulación de inglés.
Titulación de galego.

Para a documentación asociada aos requisitos adicionais (non obrigatorios), ver o Anexo B do documento BASES.

Documentación do proceso:

02/05/2023: Resultado do proceso de selección
24/04/2023: Puntuación final
18/04/2023: Valoración definitiva de méritos
29/03/2023: Valoración provisional de méritos
23/03/2023: Lista definitiva de admitidos e excluidos
17/03/2023: Lista provisional de admitidos e excluidos


28/02/2023:

Se tes calquera pregunta ou dúbida, por favor consúltanos en emprego@cesga.gal

A Fundación CESGA comprométese, no establecemento e desenvolvemento de políticas que integren a igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes, sen discriminar directa ou indirectamente por razón de sexo, así como no impulso e fomento de medidas para conseguir a igualdade real no seo da nosa organización, establecendo a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes como un principio estratéxico da nosa Política Corporativa e de Recursos Humanos, de acordo coa definición do devandito principio que establece o Decreto Lexislativo 2/2015, de 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade e o VIII Plan Estratéxico de Galicia para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes 2022-2027.