Referencia: INT-22-TSAPLI

Resumo:

Buscamos a unha persoa con vocación de servizo, motivada e proactiva para axudar aos investigadores, técnicos e empresas no uso das infraestruturas de computación do CESGA, así como responsabilizarse da instalación e o mantemento das aplicacións de uso científico instaladas. Tamén terá oportunidade de participar en proxectos de I+D+i nacionais e internacionais relacionados coa Computación de Altas Prestacións (HPC).

A función principal da persoa candidata será dar soporte aos usuarios do CESGA en temas asociados ao cálculo científico e técnico así como no uso eficiente das infraestruturas despregadas no CESGA. En concreto deberá participar na determinación, implantación, promoción e xestión das aplicacións de uso científico nas infraestruturas do CESGA, para prover de solucións aos usuarios do centro, integrada no departamento de Aplicacións e Proxectos do CESGA.

Ademais,  o CESGA participa en diversos proxectos de I+D+i competitivos financiados con fondos públicos e por empresas, que abarcan desde o soporte ás PEMES no uso da computación de altas prestacións, ata a IA aplicada á industria ou a medicina, ou as tecnoloxías cuánticas. O obxectivo é posicionar ao CESGA como un centro de referencia nestas tecnoloxías nos próximos anos.

Traballará integrada nun equipo multidisciplinar e motivador, cunha gran experiencia no soporte ao cálculo científico e a realización de proxectos de I+D+i, onde se valora especialmente a iniciativa, a capacidade de traballo en equipo e a procura de solucións creativas. Poderá aprender e contribuír ao desenvolvemento da ciencia en Galicia, España e Europa.

Ofrécese un contrato temporal de substitución de persoa traballadora, dun máximo de 3 anos de duración segundo a normativa vixente. Pero é intención do CESGA convocar a praza de estabilización do posto nun futuro próximo (antes da finalización do contrato). Este contrato permitirache involucrarche nesta liña de actividade e adquirir a experiencia e formación necesarias para tarefas primordiais no CESGA e na comunidade investigadora.

O CESGA é unha fundación pública pioneira a nivel nacional na área de computación de altas prestacións. O centro ten unhas condicións laborais atractivas, está comprometido coa promoción da igualdade entre xéneros, conta cun réxime de teletraballo opcional de ata o 50% do tempo, ten en conta as túas necesidades de conciliación coa vida familiar, e permite flexibilizar a xornada #de acordo con as túas necesidades. Ademais, considera que a formación do seu persoal é un activo, polo que terás acceso a cursos sobre as tecnoloxías que se usan no CESGA así como sobre outras tecnoloxías e técnicas de gran interese no futuro.

Requisitos mínimos do/a candidato/a:

  1. Licenciatura en Ciencias da Terra, Física e astronomía, Enxeñería eléctrica, Enxeñería electrónica e Enxeñería da telecomunicación, Enxeñería industrial, Enxeñería mecánica, Enxeñería automática, Enxeñería da organización industrial e Enxeñería da navegación, Enxeñería informática e de sistemas, Enxeñería química, Enxeñería dos materiais e Enxeñería do medio natural, Matemáticas e estatística, Química. Ramas de coñecemento de Ciencias, Enxeñería e Arquitectura.
  2. Demostrar coñecementos de ínguas Medio (equivalente a B1).
  3. Coñecemento de galego, ou compromiso de aprendelo coa nosa axuda e soporte.
  4. Tamén se valorarán (pero non é obrigatorio) outros requisitos adicionais, descritos no Anexo B do documento BASES.

Documentación necesaria:

  1. Copia da titulación requirida.
  2. Copia do expediente académico.
  3. Currículo.
  4. Titulación Inglés nivel (na súa falta farase proba de nivel básico).
  5. Titulación Gallego (ou compromiso de aprendelo).
  6. Para a documentación asociada aos requisitos adicionais (non obrigatorios), ver o Anexo B do documento BASES.

Documentación do proceso:

15/03/2023: Resultado do proceso de selección
09/03/2023: Puntuación final
03/03/2023: Valoración definitiva de méritos
27/02/2023: Valoración provisional de méritos
23/02/2023: Lista definitiva de admitidos e excluidos
14/02/2023: Lista provisional de admitidos e excluidos


26/01/2023:

Se tes calquera pregunta ou dúbida, por favor consúltanos en: emprego@cesga.gal

A Fundación CESGA comprométese, no establecemento e desenvolvemento de políticas que integren a igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes, sen discriminar directa ou indirectamente por razón de sexo, así como no impulso e fomento de medidas para conseguir a igualdade real no seo da nosa organización, establecendo a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes como un principio estratéxico da nosa Política Corporativa e de Recursos Humanos, de acordo coa definición do devandito principio que establece o Decreto Lexislativo 2/2015, de 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade e o VIII Plan Estratéxico de Galicia para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes 2022-2027.