Plan específico de prevención de riscos de xestión e medidas antifraude
Nesta sección pode consultarse o plan específico de prevención de riscos de xestión e medidas antifraude da Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico De Supercomputación De Galicia (en diante CESGA), dispoñible nesta ligazón (PDF).
Canle de denuncias
Neste apartado pode accederse á Canle de denuncias do CESGA, que é a canle electrónica habilitada polo CESGA en aplicación artigo 14 da Lei 2/2023, do 20 de febreiro, reguladora da protección das persoas que informen sobre infraccións normativas e de loita contra a corrupción.
Esta canle configúrase como a vía preferente para comunicar información relativa a supostas accións ou omisións contrarias ao sistema de integridade previsto no Plan xeral de prevención de riscos de xestión e medidas antifraude da Xunta de Galicia do 19 de maio de 2023 e no Programa marco de integridade institucional e prevención de riscos de xestión 2021-2024, do 26 de maio de 2021, aprobados ambos os dous polo Consello da Xunta de Galicia.
A comunicación por esta canle estrutúrase en dúas modalidades:
- Modalidade anónima, na que non é precisa a identificación da persoa informante, de xeito que os órganos que deban investigar non coñezan a súa identidade.
- Modalidade nominativa, na que é precisa a identificación da persoa informante, de xeito que os órganos que investigan coñecen a súa identidade e os seus datos de contacto e notificación. Nesta modalidade poderase manter a comunicación coa persoa informante para os efectos de solicitarlle, se é o caso, que aclare ou amplíe a información, e comunicarlle o tratamento dado á súa información, agás que renunciase expresamente a recibir comunicacións do responsable do sistema. Non obstante, garantirase a confidencialidade da persoa informante.
Acceso á canle de denuncias: https://transparencia.xunta.gal/canle-de-denuncias?langId=gl_ES
Canales de denuncia externos que afectan a fondos europeos
Para denunciar fraudes, corrupción, conflitos de intereses ou dobre financiamento que afecten a fondos europeos, existen varias canles oficiais dependendo do ámbito e a gravidade da irregularidade.
-Canal Infofraude (SNCA): É a canle externa do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude, xestionado pola Intervención Xeral da Administración do Estado (IGAE), que permite comunicar de forma identificada ou anónima irregularidades relacionadas con proxectos financiados pola Unión Europea.
https://www.igae.pap.hacienda.gob.es/sitios/igae/es-ES/CA-UACI/SNCA/Paginas/ComunicacionSNCA.ASPX
– Denuncia Infofraude Fiscalía Europea (EPPO): Responsable de investigar e procesar delitos que afecten os intereses financeiros da UE (fraude transfronteiriza, corrupción grave, etc.). Pódese denunciar a través do seu Formulario de Denuncia EPPO.
https://www.eppo.europa.eu/reporting-crime-eppo_es
– Oficina Europea de Loita contra a Fraude (OLAF): Centraliza a protección dos intereses financeiros da Unión a nivel comunitario. Toda a información sobre os pasos para seguir está dispoñible no Portal de Denuncias OLAF.
https://anti-fraud.ec.europa.eu/olaf-and-you/report-fraud_es