Condicións específicas de utilización dos servizos de computación de CESGA

Todos os usuarios dos sistemas de computación do CESGA deben ler, coñecer e aceptar expresamente as seguintes condicións de uso:

Legalidade e cumprimento:

Os usuarios comprométense a non aceptar nin estimular prácticas que violen a lexislación española ou da Unión Europea.

Por outro lado, comprometense a cumprir toda a normativa en materia de propiedade intelectual, protección de datos, ciberseguridade e demáis sobre a protección dos dereitos fundamentais das persoas.

Relativas á seguridade:

  • Comprometeranse a non compartir a súa conta con ningunha outra persoa. A identificación e autenticación de cada conta é confidencial e intransferible, recaendo toda a responsabilidade sobre o titular da conta.
  • Utilizarán un contrasinal seguro e descoñecido para outras persoas. Os contrasinais deberán conter caracteres especiais, letras e números e ter unha lonxitude suficiente (mínimo 6 caracteres). Ademáis deberase renovar periódicamente.
  • Comprometeranse a non saltar as medidas de seguridade existentes, así como a non acceder aos recursos, sistemas ou información á cal non teñan autorización para acceder.
  • Deberán informar aos servizos de soporte do CESGA de calquera evento que implique un fallo na seguridade dos sistemas ou de calquera outro risco potencial, de conformidade co establecido no Reglamento Xeral de Protección de Datos no relativo á notificación de violacións de seguridade (arts. 33 e 34).
  • Deberán proporcionar ao CESGA a identificación do terminal ou terminais dende os cales están a acceder.

Relativas á utilización:

  • Comprometeranse a utilizar os recursos de forma eficiente e unicamente para o propósito para o que foron autorizados. En ningún caso se poderán utilizar os recursos para finalidades diferentes ás autorizadas, nin para actividades que sexan contrarias ao ordenamento xurídico ou ao orden público, en especial aquelas que poidan ser constitutivas de infracción administrativa, ou ilícito penal.
  • Para a utilización de software cuberto por calquera acordo de licenza do CESGA, respectarán as condicións do devandito acordo.
  • Non utilizarán os recursos do CESGA de calquera maneira que poida ofender a outros usuarios, ou causar perxuizo nos bens ou dereitos de outras persoas.
  • Aceptan expresamente a exención de responsabilidade do CESGA e o seu persoal, no caso de que poidan sufrir calqera perda como resultado da utilización dos recursos do CESGA, concretamente calquera perda que poida afectar á confidencialidade, integridade ou disponibilidade dos datos.
  • Permitirán aos operadores do CESGA o acceso á información xerada no CESGA e a monitorización das actividades que realicen co fin de manter o funcionamento dos recursos utilizados.
  • Acepto que os recursos do CESGA non estarán sempre dispoñibles para a miña utilización do modo esperado e de denegar calquera responsabilidade sobre os operadores do CESGA en caso de atoparme afectado pola dispoñibilidade ou calquera outro aspecto dos recursos do CESGA.
  • Incluirán mención explícita da utilización dos recursos e servizos do CESGA na produción científica (artigos, presentacións en congresos, conferencias, libros, capítulos de libros, etc.) realizada como resultado da utilización dos devanditos recursos. Dita mención incluirá unha breve descrición dos recursos de cálculo utilizados.
  • Deberán facilitar ao CESGA unha breve descrición do proxecto de investigación realizado, utilizando os recursos de cálculo do CESGA, e reportará cando lle sexa solicitado, a produción científica para a cal utilizaron os recursos computacionais do CESGA. Ademais comprometeranse a autorizar a publicación da devandita información na memoria anual do CESGA.
  • Para o cálculo das core-horas (ou core-hours) consumidas polos traballos dos usuarios multiplicarase o número de cores reservados polo traballo multiplicado polo tempo de execución (tamén chamado elapsed time ou wall time) do trabajo. Os cores reservados polo traballo serán os cores usados por éste e tamén os que non poidan ser utilizados por outros traballos debido aos recursos solicitados por él. Por exemplo se un traballo utiliza 1 core dun nodo pero utiliza toda a memoria do nodo o un nodo en exclusiva, os cores reservados serán todos os do nodo.

Responsabilidade e sancións

Cando se demostre un uso incorrecto ou non aceptable con respecto ao especificado neste documento, o CESGA procederá á interrupción do servizo prestado, dependendo da gravidade e reiteración do incidente, mediante a suspensión temporal do servizo ou a retirada indefinida do mesmo.

As responsabilidades que puidesen derivarse da incorrecta utilización dos recursos polo usuario serán asumidas polo propio usuario.

O CESGA disporá os medios necesarios para permitir a consulta destas normas de forma fácil.

Política de protección de datos

Os servizos de supercomputación que ofrece o CESGA están diseñados para a realización de estudos científicos e cálculos complexos de datos. É por iso que o CESGA non autoriza a utilizar a capacidade de supercomputación en operacións que poidan implicar tratamento de datos de carácter personal.

En consecuencia, todos os datos que se introduzan nos equipos de supercomputación polos usuarios deberán estar disociados (anonimizados), e polo tanto non se permite a introducción de datos de carácter persoal.

É por iso que na prestación de servizos de supercomputación o CESGA non actuará como encargado do tratamento de datos de carácter persoal a efectos do previsto no art. 28 del RGPD, e polo tanto non deberá realizar un análise de riscos nin adoptar especiais medidas de seguridade, xa que o servizo prestase únicamente para fins de supercomputación e cálculo complexo.

Calquera violación do establecido nesta cláusula, será responsabilidade única e exclusiva do usuario do servicio de supercomputación, que se compromete a non tratar datos de carácter persoal no uso deste servizo.

O CESGA non realizará ningún tipo de análise dos datos aloxados ou tratados no servizo de supercomputación, polo que a declaración do usuario do servizo debe ser conforme ao presente ANS.

En ningún caso o CESGA será responsable da perda de ingresos nin de danos indirectos, especiais, incidentais, consecuenciais, punitivos ou exemplares, así como tampouco de daños por lucro cesante, pérda de ingresos, suspensión de negocios ou pérda de información empresarial, sin importar a sua causa ou calquera teoría de responsabilidade.

No caso de que o usuario do servizo necesite realizar un tratamento de datos de carácter persoal, poderá solicitalo ao CESGA, xunto con unha identificación detallada da finalidade, lexitimación, así como con unha evaluación de riscos específica.  Neste caso, o CESGA procederá á análise, en función da documentación entregada, para informar ao usuario sobre a posibilidade ou imposibilidade de prestar o servizo, en función da análise de riscos presentada e as medidas de seguridade que sexan necesarias. En todo caso, neste suposto deberá formalizarse sempre un contrato de encargo de tratamento de conformidade có disposto no art. 28 do RGPD.