Project Description

Nome do proxecto: Copernicus Marine – Production – Provision of ocean monitoring and forecasting products (COP-MFC-5000)

Financiado por: Contrato con Now Systems, dentro do programa Copernicus, financiado pola Comisión Europea. Este proxecto forma parte do “Copernicus Marine Service (2021-2027)”, cux implementación foi encargada á entidade Mercator Ocean International.

Resumo do proxecto: Proporcionar predicións diarias de diversos parámetros físicos e bioxeoquímicos do océano para a rexión atlántica europea a través dunha serie de aplicacións de modelización.

Provisión de servizos integrados de análise e predición oceánica no Servizo Marino de Copernicus. O Servizo Marino de Copernicus, a través dos seus Centros de Monitorización e Predición (MFCs), proporciona produtos de modelización en tempo real e con tempo de demora sobre condicións físicas, bioxeoquímicas e de xeo mariño para o océano global e os mares rexionais europeos. En total, hai sete MFC en funcionamento, un global e seis rexionais, centrados nos diferentes basses e mares europeos. CESGA proporciona recursos de computación de alto rendemento (HPC) e infraestruturas de computación e apoio, tal e como se especifica na proposta técnica, para o desenvolvemento das actividades correspondentes ao Servizo de Vixilancia e Predición do Medio Mariño Copernicus IBI-MFC, centrado na xeración de produtos de análise e predición para a costa atlántica europea, cubrindo toda a plataforma oceánica da Península Ibérica, a baía de Biscaia e Irlanda (IBI).

Data inicio: 01/01/2025

Data fin: 30/06/2028

Nova relacionada: El gemelo digital (y gallego) del océano