Xornada de Presentación
Demostrador Multisectorial DATAlife
“Oportunidades do Espazo de Datos DATAlife para as Ciencias da Vida e One Health”
Descrición
Ven a coñecer como o Espazo de Datos DATAlife axuda a impulsar a investigación e a innovación no marco One Health, facilitando o intercambio seguro de datos de saúde humana e animal, agroalimentarios e ambientais. Coñecerás de primeira man os servizos, casos de uso e oportunidades de financiamento dispoñibles, ademais das vías de colaboración para integrarche na plataforma.
Obxetivos
- Mostrar o valor do Espazo de Datos DATAlife para proxectos e entidades One Health.
- Dar a coñecer as oportunidades de financiamento asociadas para grupos de investigación e empresas.
Dta: Mércores, 18 de Xuño
Lugar: Sala de presentacións del Center for Research in Molecular Medicine and Chronic Diseases (CIMUS-USC). Av. Barcelona 15782 Santiago de Compostela GPS: 42°52’15.3114’’, -8°33’42.573’’
Dirixido a: Xestores, grupos de investigación, responsables clínicos e técnicos, usuarios e responsables de repositorios de datos do ecosistema biotecnolóxico en España
Modalidade: Presencial e en remoto
AXENDA |
|
11:00h. | Benvida e apertura
Carmen Cotelo Queijo, directora GAIN e presidenta CESGA Antonio Alcolea, Ministerio para la Transformación Digital y de la Función Pública |
11:05h. | European Health Data Space and Research Infrastructures.
Ignacio Blanquer Espert, Universitat Politècnica de València / Institute of Instrumentation for Molecular Imaging |
11:25h. | A relevancia dos datos no descubrimento de fármacos.
César de la Fuente, University of Pennsylvania |
11:45h. | Espazos de datos: Ecosistema actual, e exemplos de casos de uso.
Francisca Rubio Berenguel, Gaia-X |
12:00h. | Ecosistemas de Innovación no Demostrador Multisectorial DATAlife. Transformación e crecemento.
Patricia Fraga María coordinadora da área de Salud, cuidados e Biotecnoloxía en DATAlife |
Presentación Casos de Uso | |
12:15h. | Centro de Referencia de Espacios de Datos:
Asesoramiento y oportunidades de financiación para participantes de espacios de datos Antonio Alcolea, Ministerio para la Transformación Digital y Función Pública |
12:35h. | Demostrador Multisectorial DataLife OneHealth.
Javier Cacheiro/Antón Ambroa, CESGA |
12:50h. | AiDataMed, Análise de datos sanitarios.
Xeración de bases de datos sintéticas para abordar a falta de datos clínicos necesarios para a investigación biomédica. Grupo de Investigación Hepatología e Enfermidades Inflamatorias Intestinais do IISGS xunto co Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra. Bibiana Pérez Corbacho, Coordinadora del proyecto AIDataMed – Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IISGS) |
13:00h. | Brilliant, Observatorio de sarcopenia.
Creación dun Observatorio de Sarcopenia e a súa avaliación sociosanitaria, nun espazo compartido de datos de saúde usando técnicas de IA para análise automática de imaxes de resonancia magnética lumbar. Grupo Biocaps, IISGS. César Veiga, Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IISGS) |
13:10h. | GIFT, Gastroenterology Interface with FAIR treatment.
Análise e compartición segura e soberana de datos en saúde gastrointestinal. Grupo de Investigación Hepatología e Enfermidades Inflamatorias Intestinais do IISGS xunto co Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHUP). Ana Eneriz Janeiro, Socióloga: técnica especialista en evaliación e análise cualitativo. Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IISGS) |
13:20h. | SALUSBENCH: Benchmarking Intelixente en xestión hospitalaria.
Métricas comparables da execución de procesos asistenciais e operativos entre hospitais para impulsar mellora continua, eficiencia e calidade. Unha solución de Inverbis, un spin-off da Universidade de Santiago de Compostela. Gonzalo Martín, Inverbis Analytics |
13:30h. | CeliaSpace, Procesos de Xestión Hospitalaria.
Algoritmos e datos para mellorar a plataforma Serenia, un asistente conversacional para a Avaliación da Saúde no ámbito sociosanitario. Grupo de Tecnoloxías da Información da UVIGO Francisco Javier González Castaño, UVIGO |
13:40h. | DATIACARE, Coidado de persoas maiores.
Creación dun sistema de análise de índices de fraxilidade, informes de envellecemento e alertas enfocado no coidado de persoas maiores. Desenvolto pola empresa i4life. Marian García Prieto, I4life |
13:50h. | Conclusións e próximos pasos. Como propoñer novos casos de uso.
Lois Orosa Nogueira, director xerente, CESGA |
14:00h. |
Refrixerio Networking |
16:30-18:30h. |
Taller colaborativo para o despregamento efectivo de espazos de datos.
(Na sala de presentacións CESGA. Exclusivo para beneficiarios das convocatorias do Plan de Impulso de Espazos de Datos da SEDIA) |
