Referencia: Programador/a
RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso na categoría de programador/a do grupo III de persoal laboral fixo da entidade instrumental do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia, Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia (CESGA).
Documentación do proceso:
06/05/2023: Resolución DOG do 6 de xuño
06/05/2023: Valoración definitiva de méritos
03/05/2023: Valoración provisional de méritos
17/03/2023: Lista definitiva de admitidos e excluidos
28/02/2023: Lista provisional de admitidos e excluidos
30/12/2022:
- Corrección de erros das Bases da convocatoria
- Anuncio DOG, 30 de decembro
- Bases da convocatoria
- Anexo I modelo solicitude
- Anexo IV modelo datos persoais
- Taxa do posto
- Instruccións autoliquidación de taxas
Se tes algunha dúbida ou dúbida contacta connosco en emprego@cesga.gal
Este proxecto é financiado no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia- Financiado pola Unión Europea-NextGenerationUE.
Contribúe á execución parcial do investimento 2, «Fortalecemento das capacidades, infraestruturas e equipamentos dos axentes do SECTI», do compoñente 17 «Reforma institucional e fortalecemento das capacidades do sistema nacional de ciencia, tecnoloxía e innovación».
Así mesmo, a actuación tamén forma parte do Proxecto estratéxico para a recuperación e transformación económica de microelectrónica e semicondutores (PERTE Chip), integrándose na actuación 1 do Eixo I (Desenvolvemento de I+D+i sobre microprocesadores de vangarda e de arquitecturas alternativas).
A Fundación CESGA comprométese, no establecemento e desenvolvemento de políticas que integren a igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes, sen discriminar directa ou indirectamente por razón de sexo, así como no impulso e fomento de medidas para conseguir a igualdade real no seo da nosa organización, establecendo a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes como un principio estratéxico da nosa Política Corporativa e de Recursos Humanos, de acordo coa definición do devandito principio que establece o Decreto Lexislativo 2/2015, de 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade e o VIII Plan Estratéxico de Galicia para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes 2022-2027.