Reunión do Consorcio do Proxecto FABS Erasmus+ e Webinar de presentación

O Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) acolle desde o martes 20 de maio ata o vindeiro xoves 22 de maio, a reunión do consorcio do proxecto europeo de Tecnoloxía Educativa FABS Erasmus+ (https://fabs-erasmus.eu/).

Durante estes días, ademais dos encontros de traballo do consorcio, levará a cabo un evento de presentación do contido do curso desenvolvido no marco deste innovador proxecto no que se desenvolveu un curso práctico sobre tecnoloxías relacionadas con IoT, como Big Data & IA ou Blockchain, cun enfoque inclusivo e centrado na adquisición de competencias brandas ademais de técnicas.

A reunión concluirá o xoves 22 de maio nas instalacións da Universidade de Vigo.

Durante o mes de xuño celebraremos un novo webinar gratuíto no que nos centraremos sobre o contido de Big Data e Intelixencia Artificial, desenvolto por persoal do CESGA.