A Xornada Técnica,  Mércores 11 de Novembro 2020 ás 12:00 en modo Online a través de Aula Virtual do CESGA

O proxecto DIVERSIMAR é unha ferramenta para obter información e facer seguimento da biodiversidade mariña na área mariña do Mar Cantábrico e Galicia. DIVERSIMAR integra a información científica dispoñible e servirá como fonte de datos para estudar e predicir os cambios que se están producindo no medio mariño.

Proyecto DIVERSIMAR

O proxecto ofrece un sistema de información estandarizado con información científica da bioloxía e ecoloxía de peces e invertebrados obtida polo Instituto Español de Oceanografía e outras entidades de investigación. A ferramenta web integrará información sobre a distribución, bioloxía e ecoloxía dun número relevante de especies. DIVERSIMAR concíbese como un proxecto a longo prazo cunha gran potencialidade de desenvolvemento dado o extenso campo da biodiversidade mariña. A importancia deste proxecto radica na necesidade actual de ter información accesible, estandarizada e validada da distribución das especies que axude aos usuarios do mar e aos xestores para desenvolver plans de control e estratexias de conservación.Proyecto DIVERSIMAR

Por outra banda, o proxecto DIVERSIMAR permite o acceso e colaboración dos usuarios do mar, utilizando metodoloxía de “Ciencia cidadá”. O proxecto desenvolve unha rede de colaboración de usuarios do mar que integra asociacións de pescadores, confrarías de pesca, Grupos Locais de Acción Pesqueira, asociacións de pesca recreativa, federacións deportivas de deportes náuticos, ONGs medioambientais, centros educativos e calquera cidadán que desexe participar.

Proyecto DIVERSIMAR

A presentación durará uns 30 minutos e abrirase un espazo para preguntas 10 minutos.

O proxecto DIVERSIMAR conta co apoio da Fundación Biodiversidad, do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a través da convocatoria de concesión de axudas en réximen de concurrencia competitiva, para a conservación da biodiversidade mariña en España 2019.

Fundación Biodiversidad

Proyecto Diversimar

Puede ver o video da Xornada Técnica do proxecto no seguinte ligazón:
https://bbb-sc.srv.cesga.es/playback/presentation/2.0/playback.html?meetingId=d8543236ac877bd02952392fcbe30da30580f93e-1605091780067