Os días 11, 12 e 13 de marzo celebraranse as xornadas Digitalia Humanistica, que versarán sobre a investigación en Humanidades e as humanidades dixitais, organizadas polo Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento (IEGPS) coa colaboración do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA).

As Xornadas foron concibidas como unha coidada introdución ao asunto de referencia, de maneira que se compaxinan –desde diferentes enfoques– a visión dos investigadores de Humanidades e a dos investigadores e técnicos procedentes doutras áreas e implicados directamente no seu desenvolvemento. Por iso, as Xornadas serán tamén un marco axeitado e unha excelente oportunidade para que as empresas e os profesionais TIC se aproximen ás necesidades e retos que se formulan no marco das humanidades dixitais.

A entrada é libre e entregarase certificado de asistencia previa solicitude dos interesados ao comezo das Xornadas.