O proxecto EuroCC Spain vai impartir o próximo 21 de xuño un curso especialmente a dirixido a empresas que non son usuarias habituais da supercomputación, pero que poden beneficiarse dela. É un curso breve, de carácter introdutorio e ten como obxectivos adquirir coñecementos sobre o mundo dos supercomputadores, a utilización eficiente e sinxela de grandes supercomputadores e obter información sobre os recursos de supercomputación accesibles para as empresas.

A modalidade de impartición deste curso é online e sen custo para os asistentes. Consta dunha parte teórica dunha hora de duración, que se imparte de forma asíncrona, para facilitar compaxinalo co traballo.

O día 21 de xuño levará a cabo a parte práctica, que se impartirá de forma síncrona e con acceso a recursos de supercomputación facilitados por EuroCC Spain. Seguidamente, realizarase un traballo persoal para poñer en práctica o aprendido, con soporte por parte dos profesores do curso, que se estima nunhas catro horas de traballo persoal.

Os docentes serán José Luis Bosque Orero e Borja Pérez Pavón, ambos os profesores da Universidade de Cantabria e expertos na materia.

Para máis información e rexistro visitar https://eurocc-spain.res.es/cursos/ ou contactar con EuroCC Spain.