Posto: Técnico/a de Sistemas para substitución de persoa traballadora en excedencia

Referencia: TSIS-25-INT-2025-02

Resumo:

A súa función principal será a de desenvolver tarefas específicas, cuxo detalle recóllese nas apartado “Funcións a realizar” nas bases da convocatoria orientadas ao cumprimento dos obxectivos marcados nas actividades do departamento de sistemas. Velar polo cumprimento das accións correspondentes en custo, tempo e forma, coa máxima calidade. Proporcionar soporte técnico ás actividades do departamento.

Ofrécese contrato temporal coa integración nun equipo de persoal científico e técnico, multidisciplinar, flexible e creativo no que os valores de igualdade, respecto e valoración das potencialidades e circunstancias persoal son fundamentais.

Requisitos mínimos do/a candidato/a:

  • Ciclo Superior en administración de sistemas informáticos en rede ou Grao en Informática, ou titulacións equivalentes de plans anteriores.
  • Coñecemento de inglés A2*.
  • Coñecemento de galego CELGA 4*.

(*) No CV que se anexe coa solicitude, deberá indicarse de forma explícita se o nivel de idiomas é acreditable mediante acreditación/certificación ou se, pola contra, non se dispón desta.

Os/as aspirantes que non estean en posesión da correspondente acreditación/certificación de idioma, deberán realizar unha proba eliminatoria cuxa valoración será de apto ou non apto.

Tamén se valorarán outros aspectos do CV descritos no documento adxunto, Anexo 02.A – Cadro da convocatoria.

Xornada laboral a tempo completo, posibilidade de teletraballo a tempo parcial.

Salario bruto anual: 27.134€


Publicado o 09/05/2025:

Anuncio DOG, 9 de maio 2025
BASES DA CONVOCATORIA
Anexo 02.A: Cadro da convocatoria

Anexo 01: Modelo de solicitude (docx)
Anexo 01: Modelo de solicitude (odt)

Anexo 02.B: Modelo valoración de méritos (doc)
Anexo 02.B: Modelo valoración de méritos (odt)

Anexo 03: Modelo de alegación ou recurso (docx)
Anexo 03: Modelo de alegación ou recurso (odt)

Instruccións para o envío da solicitude

Se tes calquera pregunta ou dúbida, por favor consúltanos en emprego@cesga.gal

A Fundación CESGA comprométese, no establecemento e desenvolvemento de políticas que integren a igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes, sen discriminar directa ou indirectamente por razón de sexo, así como no impulso e fomento de medidas para conseguir a igualdade real no seo da nosa organización, establecendo a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes como un principio estratéxico da nosa Política Corporativa e de Recursos Humanos, de acordo coa definición do devandito principio que establece o Decreto Lexislativo 2/2015, de 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade e o VIII Plan Estratéxico de Galicia para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes 2022-2027.