Hai apenas un ano inaugurábase oficialmente en Compostela o nodo galego de RSG Spain con arredor de 40 asistentes de toda Galicia. Foi un momento inesquecible, no que por primeira vez nos puxemos cara e fomos conscientes da riqueza e diversidade de coñecementos que existen no ámbito da bioinformática e da bioloxía computacional nesta comunidade autónoma. Meses despois, cun éxito semellante, volvimos xuntarnos cunha temática moi concreta e con 3 poñentes que nos contaron a súa traxectoria e como chegaron a interesarse e traballar neste eido.

Reunión do nodo gallego de RSG Spain en CESGA: todos os detalles

Agora, xa ás portas de que remate este 2025 e en colaboración co Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), traemos un poñente moi especial: Pedro Ferreiro Rega, técnico de proxecto de espazos de datos no CESGA.

Horarios e axenda do encontro en Santiago de Compostela

encontro nodo gallego RSG Spain cesga

– Data: Martes 16 de decembro de 2025.
– Hora: 18.00 h.
– Xuntanza gratuita con inscripción previa: enche o formulario que atoparás ao final da noticia

Modalidades de participación
– Presencial: Sala de Presentacións do CESGA | Ubicación
– Online: [enlace pendente de confirmación]

Axenda

  1. Coñece RSG Spain.
  2. Presentación | Espazo de datos One Health: experiencia dende o CESGA.
  3. Obxectivos do nodo galego para 2026.
  4. Visita ao Finisterrae III

Non deixes pasar esta oportunidade! A túa participación fará posible máis eventos e conexións para consolidar a bioinformática e a bioloxía computacional en Galicia. Agardámoste!

Sobre o espazo de datos do CESGA: resumen da presentación de Pedro Ferreiro

Os espazos de datos son un novo paradigma no proceso de compartición de datos, baseado nos conceptos de soberanía e interoperabilidade. O espazo de datos impulsado desde o CESGA permite que entidades do ámbito One Health, incluídos grupos de investigación especializados en análise bioinformática, desenvolvan servizos e poñan en valor os seus datos.

Sobre RSG Spain

RSG-España é o Grupo Rexional de Estudantes da Sociedade Internacional de Bioloxía Computacional (ISCB) en España, recoñecido anualmente polo Consello Estudantil. É unha comunidade voluntaria e sen ánimo de lucro formada principalmente por estudantes (grao, máster, doutoramento) e secundariamente por mozos investigadores, tecnicos e profesionais en bioinformática e bioloxía computacional en España. Conta co apoio da ISCB (International Society for Computational Biology) e da SEBiBC (Sociedade Española de Bioinformática e Bioloxía Computacional). Desde a súa creación en 2010, a comunidade organiza activamente simposios anuais, seminarios, encontros presenciais e en liña a nivel xeral e desde os diferentes nodos locais, así como a difusión de ofertas de traballo, formación e eventos de ámbito nacional e internacional. Ademais, crea contido divulgativo accesible a todo o público a través das redes sociais e fomenta a creación de redes de contactos e colaboración entre os seus membros.

Unirse a RSG Spain é totalmente de balde, e as actividades —así como a participación voluntaria que as fai posibles— están abertas a todo o mundo a través das súas redes sociais, correo electrónico e a súa canle de Slack. Podes atopar todas as ligazóns e máis información neste enlace.

Email do nodo galego de RSG Spain

[Inscricións pechadas]