Descobre o Potencial do Big Data e da Intelixencia Artificial: Seminario Introdutorio FabLabs

Animámosche a participar nun seminario introdutorio que explora o potencial do Big Data e da Intelixencia Artificial. O proxecto europeo FabLabs (https://fabs-erasmus.eu/), que conta coa participación do CESGA, desenvolveu un conxunto de recursos de aprendizaxe abertos dirixidos a docentes, usuarios de FabLabs, investigadores/as e estudantes. Estes recursos abranguen catro áreas temáticas: Big Data e IA, Innovación Dixital e Pensamento de Deseño, IoT Sinxelo e IoT Avanzado con Blockchain.

Este seminario terá como foco principal a unidade dedicada a Big Data e IA, elaborada polo CESGA. Constitúe unha boa oportunidade para comezar a explorar as tecnoloxías que están a configurar o panorama actual.

Estrutura do Seminario e Acceso ao Contido

O seminario terá unha duración estimada dunha hora, e poderase participar de forma presencial ou remota. Porén, é importante salientar que o material completo do curso está deseñado para máis de 20 horas, permitindo unha aprendizaxe en profundidade da materia. O curso foi concibido tanto para a auto-aprendizaxe autónoma como para servir de apoio á formación presencial, xa sexa individual ou en grupo. O seminario facilitarache o acceso libre e completo ao contido, proporcionando unha revisión detallada dos materiais e exercicios interactivos que compoñen o curso, así como as instruccións de aproveitamento de todo o conxunto dos recursos elaborados polo proxecto FabLabs.

Data: 23 de xuño 2025
Hora: 12:00 am
Lugar: Sala de Presentacións do CESGA, Avda. de Vigo s/n, Campus Vida –  Santiago de Compostela

Neste seminario presentaremos os módulos do curso de Big Data e IA:

  1. Ferramentas de Datos para IA:
    • Xestión de datos para IA, Numpy, Pandas, Matplotlib
  2. Fundamentos de Aprendizaxe Automática (Machine Learning):
    • Preparación de datos e exploración, algoritmos de clasificación e de regresión
  3. Aprendizaxe Profundo (Deep Learning):
    • Ferramentas e contornas de aprendizaxe profunda, Redes Neuronais Artificiais (ANN), Redes Convolucionais, Recorrentes
  4. Historia da IA e a Ética:
    • Comezos históricos, a IA en acción, cuestións éticas

Agardamos a túa participación, reserva a túa praza: