TÉCNICO/A COORDINADOR/A DE PROXECTO QUORUM
Referencias: QUORUM-25-TCP
Resumo:
Buscamos un técnico/a coordinador/a que se integrará nun proxecto de Ecosistema de Innovación multiorganización denominado QUORUM (Ecosistema de Innovación para Computación Cuántica). Subvencionado polo CDTI. Proxecto Financiado pola Unión Europea – Next Generation EU e o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.(https://quorumspain.eu/).
A persoa contratada para este posto farase cargo principalmente de colaborar nas tarefas do proxecto asociadas á análise das tecnoloxías, os programas nacionais e internacionais, a formación e difusión da tecnoloxía cuántica, e a interacción co ecosistema nacional e internacional. Deberá tamén facer o seguimento diario da execución das tarefas do proxecto asignadas ao CESGA para facer polo equipo de traballo, en coordinación co responsable do proxecto, e axudar na redacción de informes técnicos e administrativos do proxecto.
O/a candidato/a traballará nun equipo multidisciplinar e motivador, con ampla experiencia na área das tecnoloxías da información, onde se valoran especialmente a iniciativa, a capacidade de traballo en equipo e a procura de solucións creativas.
Requisitos para os solicitantes:
- Titulación: Nivel 3 (Grado + Máster) segundo o Marco Español de cualificacións para a Educación Superior recollido no Real Decreto 1027/2011 de 15 de xullo.
- Experiencia: Non se require.
- Idiomas: Certificación en inglés, B1.
Duración do contrato e xornada laboral:
- Desde a firma ata a finalización do proxecto QUORUM, 31 de decembro 2025.
- Xornada laboral completa.
Salario:
- 34.251,28 € brutos anuais en 14 pagas.
Documentación esencial a presentar:
- Formulario de solicitude cumprimentado e con sinatura dixital (Anexo I)
- Currículo vítae, que permita acreditar os requisitos e méritos indicados no cadro da convocatoria (Anexo II das bases)
- DNI ou NIE
Publicado el 04/09/2025:
- Anuncio DOG 04-09-2025
- Bases da convocatoria
- Instruccións para a solicitude
- Anexo I – Formulario de solicitude (.docx)
- Anexo III – Modelo de alegación/recurso (.docx)
Se tes calquera pregunta ou dúbida, por favor consúltanos en emprego@cesga.gal