O 14 de abril celébrase o World Quantum Day, un día dedicado a promocionar a comprensión da ciencia e a tecnoloxía cuántica. Por este motivo no Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) en conxunto coa Universidade de Santiago de Compostela (USC) e os centros da Rede Española de Supercomputación (RES) que participan na iniciativa QuantumSpain organizamos unha xornada en horario de mañá, de 10:30 a 14:00 hora peninsular (CEST) aberta para estudantes de 18 a 24 anos, que consistiría en:
- Charlas por investigadores dos diferentes centros que expliquen os fundamentos e os métodos da investigación fundamental da computación cuántica a un grupo de estudantes.
- Un caso práctico que permita aos estudantes ter a experiencia de resolver un problema creando un circuíto cuántico.
- Para finalizar a xornada, organízase unha sesión simultánea entre varios centros da RES (vía videoconferencia) onde os estudantes poidan discutir de forma coordinada os seus resultados.
*Hai un número limitado de asistentes para participar solicita o teu rexistro na parte superior na sección de Inscrición.